{"id":1478,"date":"2019-08-20T10:47:31","date_gmt":"2019-08-20T08:47:31","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/milladoiro-sera-cabeza-de-cartel-na-sexta-edicion-de-as-cores-de-outono\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:43","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:43","slug":"milladoiro-sera-cabeza-de-cartel-na-sexta-edicion-de-as-cores-de-outono","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/nova\/milladoiro-sera-cabeza-de-cartel-na-sexta-edicion-de-as-cores-de-outono\/","title":{"rendered":"Milladoiro ser\u00e1 cabeza de cartel na sexta edici\u00f3n de &#8216;As Cores de Outono&#8217;"},"content":{"rendered":"<p><u><a href=\"#programa As Cores do Outono\">Ver o programa e info pr\u00e1ctica aqu\u00ed<\/a><\/u><\/p>\n<p>Onte presentouse o cartel dunha nova edici\u00f3n de As Cores de Outono, festival de m\u00fasica folk que se v\u00e9n celebrando dende hai seis anos na Pobra do Broll\u00f3n. Este ano o evento ser\u00e1 o s\u00e1bado 14 de setembro e est\u00e1 encabezado pola afamada agrupaci\u00f3n de m\u00fasica tradicional, Milladoiro.<\/p>\n<p>O festival est\u00e1 promovido polo Concello da Pobra do Broll\u00f3n coa colaboraci\u00f3n da Deputaci\u00f3n de Lugo, a trav\u00e9s do seu Plan \u00danico de cooperaci\u00f3n cos concellos. O cartel do que ser\u00e1 a sexta edici\u00f3n do evento\u00a0foi revelado esta ma\u00f1\u00e1 coa presenza de representantes de ambas instituci\u00f3ns. O acto de presentaci\u00f3n realizouse no centro da Pobra, na \u00e1rea recreativa de Samugueiros, que \u00e9 tam\u00e9n o lugar de celebraci\u00f3n deste festival gratu\u00edto convertido en cita musical de referencia no outono lugu\u00e9s.<\/p>\n<p>\u2018Estes seis anos demostran que \u00e9 un festival consolidado, cun n\u00famero de persoas seguidoras que cada ano acoden a este espazo natural tan marabilloso a desfrutar duns concertos que representan a nosa cultura e idioma\u2019, declarou a vicepresidenta da Deputaci\u00f3n de Lugo, <strong>Maite Ferreiro<\/strong>.<\/p>\n<p>O alcalde da Pobra do Broll\u00f3n, <strong>Xos\u00e9 Lois Maceda<\/strong>, comentou ao respecto: &#8216;Este festival \u00e9 un referente non s\u00f3 na provincia de Lugo, sen\u00f3n tam\u00e9n en Galicia. \u00c9 unha aposta que facemos para dinamizar economicamente o noso concello a trav\u00e9s da cultura e o turismo; unha li\u00f1a na que levamos traballando dende hai tempo e na que estamos inmersos na actualidade, por exemplo co ciclo de concertos\u00a0<em>Cos P\u00e9s na Terraza\u00a0<\/em>e o apoio ao proxecto do Castro de San Lourenzo.\u2019<\/p>\n<p><figure class=\"image\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"791\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/DSC_0122.jpg\" width=\"1200\" \/><br \/>\n<figcaption>De esq. a der. Ricardo Rodicio (concelleiro de Cultura), Efr\u00e9n Castro (Diputado provincial pola BNG), Maite Ferreiro (vicepresidenta da Deputaci\u00f3n), Xos\u00e9 Lois Maceda (alcalde) e Josefa Rodr\u00edguez (concelleira)<\/figcaption><br \/>\n<\/figure><\/p>\n<p><strong><em><a id=\"programa As Cores do Outono\" name=\"programa As Cores do Outono\"><\/a>Milladoiro, cabeza de cartel<\/em><\/strong><\/p>\n<p>O festival cel\u00e9brase en horario de tarde-noite. Arranca \u00e1s 19:30 co espect\u00e1culo familiar\u00a0\u2018Concerto singular\u2019, unha comedia musical e xestual da compa\u00f1\u00eda <strong>P\u00edscore, <\/strong>ga\u00f1ador do premio do p\u00fablico no Festiclown 2018.<\/p>\n<p>A partir das 21:00 comezan os concertos. Empeza o m\u00fasico ourens\u00e1n <strong>Mag\u00edn Blanco,\u00a0<\/strong>cun espect\u00e1culo para p\u00fablico familiar. Far\u00e1 un repaso a s\u00faa discograf\u00eda coa que est\u00e1 a transformar a m\u00fasica infantil en galego, creando temas que gozan pequenos e maiores por igual. Tras Mag\u00edn, falar\u00e1 o actor e monologuista <strong>Avelino Gonz\u00e1lez, <\/strong>o presentador este ano de As Cores do Outono, co\u00f1ecido polos seus personaxes en televisi\u00f3n, como Mi\u00f1ato en \u2018Padre Casares\u2019 (TVG). Segue o emblem\u00e1tico\u00a0<strong>Milladoiro,\u00a0<\/strong>grupo que non precisa presentaci\u00f3n, tras m\u00e1is de tres d\u00e9cadas de traxectoria na m\u00fasica folk galega. \u200bRematan os concertos as <strong>Pandeireteiras de Bouba<\/strong>, grupo de mozas da Pontraga (Tordoia, A Coru\u00f1a) que este ano representou a Galicia no Festival Interceltique de Lorient e que levan dende o 2007\u00a0transmitindo o legado dos m\u00e1is vellos cantadores e bailadores da zona.<\/p>\n<p>O festival cel\u00e9brase na \u00e1rea recreativa de Samugueiros, no centro da Pobra do Broll\u00f3n (<u><a href=\"https:\/\/goo.gl\/maps\/7ySznwASVNW7H3PZ7\" target=\"_blank\">ver en Google Maps<\/a><\/u>). No lugar haber\u00e1 barra, postos de comida e de artesan\u00eda.<\/p>\n<p>Para a sensibilizaci\u00f3n, prevenci\u00f3n e detecci\u00f3n de agresi\u00f3ns machistas, tam\u00e9n haber\u00e1 un punto lila no lugar, a cargo da asociaci\u00f3n FEMforte.<\/p>\n<p><a href=\"\/sites\/default\/files\/u57\/as-cores-do-outono.JPG\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"1200\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/as-cores-do-outono.JPG\" width=\"845\" \/><\/a><\/p>\n<p>Ferreiro expresou a s\u00faa satisfacci\u00f3n co programa: \u2018Esta actividade \u00e9 un exemplo de como estes investimentos do Plan \u00danico da Deputaci\u00f3n est\u00e1n promovendo actividades culturais que chaman \u00e1 participaci\u00f3n de moita veci\u00f1anza e tam\u00e9n a moitas persoas que ve\u00f1en de f\u00f3ra\u2019.<\/p>\n<p>O acto de presentaci\u00f3n terminou cunha invitaci\u00f3n de Maceda a vir ata A Pobra do Broll\u00f3n o 14 de setembro: \u2018Pensamos que vai ser un motivo para que nos visiten e compartan estes concertos con n\u00f3s, os veci\u00f1os da Pobra; vivir xuntos o que \u00e9 en definitiva a Guimaralia.\u2019<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ver o programa e info pr\u00e1ctica aqu\u00ed Onte presentouse o cartel dunha nova edici\u00f3n de As Cores de Outono, festival de m\u00fasica folk que se v\u00e9n celebrando dende hai seis anos na Pobra do Broll\u00f3n. Este ano o evento ser\u00e1 o s\u00e1bado 14 de setembro e est\u00e1 encabezado pola afamada agrupaci\u00f3n de m\u00fasica tradicional, Milladoiro. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1479,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[20],"tags":[703,706],"class_list":["post-1478","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","tag-as-cores-do-outono","tag-festival"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1478","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1478"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1478\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3041,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1478\/revisions\/3041"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1479"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1478"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1478"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1478"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}