{"id":1466,"date":"2019-08-06T11:15:40","date_gmt":"2019-08-06T09:15:40","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/comeza-a-segunda-edicion-do-campo-de-traballo-internacional-no-castro-de-san-lourenzo\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:43","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:43","slug":"comeza-a-segunda-edicion-do-campo-de-traballo-internacional-no-castro-de-san-lourenzo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/nova\/comeza-a-segunda-edicion-do-campo-de-traballo-internacional-no-castro-de-san-lourenzo\/","title":{"rendered":"Comeza a segunda edici\u00f3n do campo de traballo internacional no Castro de San Lourenzo"},"content":{"rendered":"<p>O equipo de arque\u00f3logos que est\u00e1 a escavar o Castro de San Lourenzo en Cereixa xa conta con reforzos de 14 voluntarios. Son os participantes no segundo campo de traballo que ten lugar no castro e que est\u00e1 financiado pola Xunta de Galicia en colaboraci\u00f3n co Concello da Pobra do Broll\u00f3n.\u00a0<\/p>\n<p>O grupo de voluntarios componse dun franc\u00e9s, tres rusas e dez espa\u00f1ois de diferentes puntos do Estado, ademais dos tres monitores \u2013 dous galegos e unha brasileira. Apoiar\u00e1n os traballos arqueol\u00f3xicos no castro no que queda de campa\u00f1a, ata o d\u00eda 14 de agosto.\u00a0<\/p>\n<p>Xunto ao equipo de arque\u00f3logos dirixido por Xurxo Ay\u00e1n, os participantes co\u00f1ecer\u00e1n de primeira man o m\u00e9todo de escavaci\u00f3n na \u00e1rea da igrexa e camposanto medievais do castro, ademais de t\u00e9cnicas de limpeza e procesamento de materiais.\u00a0\u00a0\u00a0<\/p>\n<p>Ademais das tarefas arqueol\u00f3xicas, os participantes colaborar\u00e1n na organizaci\u00f3n da Romar\u00eda de San Lourenzo que se celebra no castro o d\u00eda 10 de agosto. Como elemento diferencial do primeiro campo de traballo do ano pasado, desta volta entre os monitores c\u00f3ntase con Claudia Fidalgo, m\u00fasico e bailadora que preparar\u00e1 aos voluntarios para realizar unha actuaci\u00f3n o d\u00eda da romar\u00eda e as\u00ed divulgar a cultura musical tradicional de Galicia.<\/p>\n<p>Os voluntarios, que te\u00f1en entre 18 e 30 anos, dedicar\u00e1n o seu tempo libre a co\u00f1ecer o Concello da Pobra do Broll\u00f3n, participando nas visitas guiadas \u00e1 Cova das Choias e \u00e1s adegas de Vilach\u00e1, entre outras actividades.\u00a0<\/p>\n<p>\u2018Os participantes do campo de traballo non s\u00f3 contrib\u00faen enormemente \u00e1 escavaci\u00f3n no castro, tam\u00e9n ofrecen outras perspectivas e axudan a promover a riqueza patrimonial que temos na Pobra do Broll\u00f3n, ademais do gasto considerable que se crea nos negocios locais como na hostaler\u00eda durante os dez d\u00edas que pasan aqu\u00ed\u2019 comenta Xos\u00e9 Lois Maceda, alcalde da Pobra.<\/p>\n<p>A escavaci\u00f3n no castro est\u00e1 aberta ao p\u00fablico. Recordamos que o Concello da Pobra do Broll\u00f3n ofrece durante todo o mes de agosto visitas guiadas gratu\u00edtas nas que se explican os avances arqueol\u00f3xicos. Son os martes e xoves \u00e1s 17:00 e os m\u00e9rcores e venres \u00e1s 11:00. Para visitar hai que reservar no tel\u00e9fono 650624828 (preferiblemente por WhatsApp). <a href=\"http:\/\/www.concellodapobradobrollon.gal\/gl\/nova\/visitas-guiadas-de-ver\u00e1n-no-concello-da-pobra-do-broll\u00f3n\">M\u00e1is informaci\u00f3n das visitas guiadas aqu\u00ed.<\/a><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O equipo de arque\u00f3logos que est\u00e1 a escavar o Castro de San Lourenzo en Cereixa xa conta con reforzos de 14 voluntarios. Son os participantes no segundo campo de traballo que ten lugar no castro e que est\u00e1 financiado pola Xunta de Galicia en colaboraci\u00f3n co Concello da Pobra do Broll\u00f3n.\u00a0 O grupo de voluntarios [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1467,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[720,719,721],"class_list":["post-1466","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral","tag-campo-de-traballo","tag-castro-de-san-lourenzo","tag-cereixa"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1466","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1466"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1466\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3035,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1466\/revisions\/3035"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1467"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1466"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1466"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1466"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}