{"id":1370,"date":"2019-01-11T19:50:42","date_gmt":"2019-01-11T18:50:42","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/o-alcalde-da-pobra-do-brollon-califica-de-insidias-as-informacions-feitas-publicas-polo-voceiro-do-psoe-no-concello\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:40","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:40","slug":"o-alcalde-da-pobra-do-brollon-califica-de-insidias-as-informacions-feitas-publicas-polo-voceiro-do-psoe-no-concello","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/nova\/o-alcalde-da-pobra-do-brollon-califica-de-insidias-as-informacions-feitas-publicas-polo-voceiro-do-psoe-no-concello\/","title":{"rendered":"O alcalde da Pobra do Broll\u00f3n califica de insidias as informaci\u00f3ns feitas p\u00fablicas polo voceiro do PSOE no concello"},"content":{"rendered":"<p class=\"rtejustify\">Ante as insidias feitas p\u00fablicas na prensa polo voceiro do PSOE do concello da Pobra do Broll\u00f3n, esta alcald\u00eda quere puntualizar o seguinte:<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">1) Non \u00e9 certo que haxa preto de 200 preguntas sen resposta. As preguntas orais feitas nos plenos resp\u00f3ndense habitualmente no mesmo pleno, e das presentadas por escrito, salvo erro ou esquecemento puntual, que \u00e9 posible, foron respondidas todas. Pode ser que algunha resposta non lle guste ao portavoz porque non o deixa en bo lugar, e que por este motivo non a faga p\u00fablica.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">En todo caso emprazo ao citado portavoz a que me indique que preguntas concretas est\u00e1n sen contestar para reenviarlle a copia da resposta xa enviada, ou se esquecemos respondela, facelo agora. En caso contrario es\u00edxolle que retire publicamente esta insidia.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">Di o citado portavoz que segundo o artigo 77 da Lei 7\/1985 RBRL o concello ten a obriga de contestar \u00e1s preguntas nun prazo de 5 d\u00edas naturais, o que amosa o desco\u00f1ecemento, a mala interpretaci\u00f3n ou a mala vontade de quen isto afirma.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">O que di o citado artigo \u00e9 que \u201ca solicitude&#8230; (de obter cantos antecedentes, datos ou informaci\u00f3ns obren en poder dos servizos da corporaci\u00f3n) haber\u00e1 de ser resolta motivadamente nos cinco d\u00edas naturais seguintes a aquel no que se presentara\u201d. Est\u00e1 claro que se refire ao dereito de acceso aos expedientes, e non \u00e1 resposta \u00e1s preguntas, xa que a resposta non \u201cobra\u201d nos servizos da corporaci\u00f3n, se non que pola s\u00faa propia natureza debe de ser elaborada despois de estar feita a pregunta.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">Pero hai que destacar tam\u00e9n que o citado prazo non \u00e9 para ter acceso aos expedientes que se queiran consultar, sen\u00f3n para que a alcald\u00eda resolva se d\u00e1 acceso ou non (neste caso motivado) a ditos expedientes. As\u00ed o di o artigo 14.2 do ROFRXEL aprobado por Real Decreto 2.568\/1986 que desenrola a citada Lei.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">Non consta no concello, salvo erro ou omisi\u00f3n, que se pedise documentaci\u00f3n concreta que lle fose denegada. Tampouco \u00e9 doado saber a que se refire xa que, como fai habitualmente, mestura preguntas con documentaci\u00f3n.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">2) Respecto aos horarios dos plenos, que segundo indica, impiden que os concelleiros poidan asistir \u00e1s sesi\u00f3ns, te\u00f1o que recordar ao portavoz do PSOE que tanto o Estatuto dos Traballadores como o dos Empregados P\u00fablicos recollen o dereito dos concelleiros a ausentarse do seu posto de traballo polo tempo indispensable para acudir \u00e1s sesi\u00f3ns.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">3) Respecto \u00e1 recepci\u00f3n das actas, non \u00e9 certo que o goberno decidiu cambiar o programa Gestiona sen previo aviso, ag\u00e1s que o portavoz estivese \u201cmentalmente ausente\u201d do pleno de 27 de marzo de 2018. Ademais, parece que non sabe da entrada en vigor das Leis 39 e 40 de 2015, e do Decreto 24\/2018 da Xunta de Galicia.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">Todos os concelleiros da Pobra do Broll\u00f3n te\u00f1en acceso directo ao programa Gestiona no que poden ver os borradores de actas, as actas definitivas e mesmo todos os decretos da alcald\u00eda, as\u00ed como os expedientes completos que van a pleno. Actas \u00e1s que tam\u00e9n ten acceso directo, calquera veci\u00f1o que o desexe, na p\u00e1xina web e no portal de transparencia.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">Sabe tam\u00e9n o portavoz, que desde hai m\u00e1is dun ano calquera veci\u00f1o, disp\u00f3n nas oficinas municipais dun ordenador desde o que poder acceder a toda esa informaci\u00f3n, mesmo con axuda dos funcionarios.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">C\u00f3nstame que o citado portavoz se dirixiu ao secretario manifest\u00e1ndolle dificultades no acceso ao programa e que este se lle ofreceu, malia estar de vacaci\u00f3ns, a que acudira ao concello para indicarlle como ti\u00f1a que acceder, ou ben a concertarlle unha cita coa empresa inform\u00e1tica que asiste ao concello para dito fin. Pero ata agora non fixo uso de dita opci\u00f3n.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">\u00c9 m\u00e1is, a\u00ednda que os grupos municipais te\u00f1en unha asignaci\u00f3n para, entre outras cousas equipamento; a petici\u00f3n do portavoz do PP, o concello mercou un port\u00e1til Lenovo Intel Core para cada grupo, equipos que ve\u00f1en de ser entregados no concello, estando xa ao dispor dos portavoces.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">Pero debe ser certo que desco\u00f1ece a lexislaci\u00f3n citada, xa que o pasado d\u00eda 7 presentou un conxunto de 30 preguntas en soporte papel, no canto de facelo electronicamente, como establece para as persoas xur\u00eddicas (grupos municipais) ou concelleiros a citada lexislaci\u00f3n. Preguntas que ser\u00e1n respondidas en breve.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ante as insidias feitas p\u00fablicas na prensa polo voceiro do PSOE do concello da Pobra do Broll\u00f3n, esta alcald\u00eda quere puntualizar o seguinte: 1) Non \u00e9 certo que haxa preto de 200 preguntas sen resposta. As preguntas orais feitas nos plenos resp\u00f3ndense habitualmente no mesmo pleno, e das presentadas por escrito, salvo erro ou esquecemento [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1371,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-1370","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1370","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1370"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1370\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2987,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1370\/revisions\/2987"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1371"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1370"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1370"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1370"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}