{"id":1362,"date":"2018-12-12T19:28:51","date_gmt":"2018-12-12T18:28:51","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/creando-comunidade-coas-actividades-turistico-culturais-desenvoltas-no-concello-da-pobra-do-brollon\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:40","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:40","slug":"creando-comunidade-coas-actividades-turistico-culturais-desenvoltas-no-concello-da-pobra-do-brollon","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/nova\/creando-comunidade-coas-actividades-turistico-culturais-desenvoltas-no-concello-da-pobra-do-brollon\/","title":{"rendered":"Creando comunidade coas actividades tur\u00edstico-culturais desenvoltas no Concello da Pobra do Broll\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p class=\"rtejustify\">A\u00a0<strong>potenciaci\u00f3n dos recursos\u00a0<\/strong>propios foi un dos obxectivos principais do equipo de goberno da Pobra do Broll\u00f3n neste 2018. No ver\u00e1n desenvolv\u00e9ranse as visitas guiadas ao Castro de San Lourenzo, Cova das Choias, polos tempos de Mar\u00eda Casta\u00f1a, Vilach\u00e1 e Repil, a fuxida dun guerrilleiro.\u00a0<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">Nos meses de finais de ano, m\u00e1is complicados climatol\u00f3xicamente e onde a xente se anima menos a sa\u00edr da casa, o Concello desenvolveu unha serie de propostas que contaron cunha moi boa participaci\u00f3n e deixan un balance moi positivo como explica o\u00a0<strong>alcalde, Xos\u00e9 Lois Maceda<\/strong>,\u00a0<strong>\u201cO balance \u00e9 positiv\u00edsimo. O m\u00e1is importante \u00e9 crear comunidade de xente que aposta polo desenvolvemento da cultura e do turismo. Conseguimos implicar \u00e1 xente e que aposten e colaboren.\u00a0<\/strong>Estes proxectos deben de xurdir de abaixo cara arriba, contando co concello para desenvolvelos e eso estamos facendo na Pobra e por eso funcionan, porque a xente se implica. Isto vai a quedar a\u00ed, goberne quen goberne e est\u00e1n pensadas para autoorganizarse\u201d.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">As\u00a0<strong>andainas outonizas\u00a0<\/strong>\u201cCami\u00f1ando da man de\u2026\u201d foron un aut\u00e9ntico \u00e9xito, contando cunha media de 40-50 persoas por andaina. \u201c<strong>Non s\u00f3 era cami\u00f1ar e contemplar a paisaxe,\u2026 era vivila, da man de veci\u00f1os que co\u00f1ecen os lugares e que contaban as s\u00faas experiencias<\/strong>. As 7 andainas foron moi boas experiencias, ademais da ruta, cont\u00e1base sempre para rematar cun taquete, e estas cousas dinamizan tam\u00e9n a econom\u00eda local\u201d, apunta o alcalde.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">Segu\u00edronse desenvolvendo visitas guiadas a dous recursos moi importantes para o concello como son a\u00a0<strong>Cova da Choias e o Castro de San Lourenzo, era a proposta dos s\u00e1bados coas Visitas Outonizas.<\/strong><\/p>\n<p class=\"rtejustify\">Outro ingrediente destes \u00faltimos meses do ano foi o\u00a0<strong>Ciclo de Cinema Galego\u00a0<\/strong>que ti\u00f1a lugar os xoves de novembro e que contou cunha media de 50 asistentes \u00e1s proxecci\u00f3ns seguidas de debate con algu\u00e9n da pel\u00edcula protagonista.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">El\u00a0<strong>Venres Caninos\u00a0<\/strong>foi outra proposta que se consolida, de feito esta cita mantense para os pr\u00f3ximos venres. Entre 10 e 15 persoas de todos os concellos da comarca acuden cada venres a esta iniciativa.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">O\u00a0<strong>I Recital de Poes\u00eda \u201cTinta da Terra\u201d,\u00a0<\/strong>a fin de semana adicada\u00a0<strong>\u00e1 Memoria Hist\u00f3rica\u00a0<\/strong>con representaci\u00f3ns teatrais vinculadas a esta tem\u00e1tica foron outras das propostas deste outono inverno no Concello. Nestes d\u00edas celebrouse tam\u00e9n o\u00a0<strong>Concurso de Tapas <\/strong>(cuxos premios recaeron en\u00a01) A Salanova, 2) O Fog\u00f3n, 3) La Vieja Taberna)<strong> e a VIII edici\u00f3n dos Cantos de Taberna<\/strong>. Esta cita foi o pasado s\u00e1bado, superando todas as expectativas. \u201cOs Cantos de Taberna fix\u00e9ronse nos locais que participaron no Concurso de Tapas, isto d\u00e1banos 3 escearios, a capitalidade municipal, Salcedo\u00a0\u00a0e Cereixa. Os tres puntos estiveron cheos de xente desde as 17.00 ata ben entrada a noite\u201d, comenta o alcalde, Xos\u00e9 Lois Maceda.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">O equipo de goberno asegura que desde o\u00a0<strong>punto de vista tur\u00edstico o concello \u00e9 cada vez m\u00e1is co\u00f1ecido e as expectativas de cara o futuro son moi boas, tendo en conta as peculiaridades paisax\u00edsticas e etnogr\u00e1ficas do Concello da Pobra dentro do territorio Ribeira Sacra e como un dos treitos do Cami\u00f1o de Inverno<\/strong>. \u201cEste ano puxemos en marcha o\u00a0<strong>albergue solidario\u00a0<\/strong>para peregrinos e estamos satisfeitos porque se automant\u00e9n, a xente \u00e9 xenerosa cando lle das un servizo que soluciona as s\u00faas necesidades,\u201d sinala o alcalde.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">Xos\u00e9 Lois Maceda destaca que neste ano\u00a0<strong>nova xente comezou a vivir na Pobra do Broll\u00f3n<\/strong>, media ducia de familias, m\u00e1is da metade unifamiliares. Tam\u00e9n se nota un incremento\u00a0<strong>no visitante das fins de semana<\/strong>, tanto turistas que ve\u00f1en de f\u00f3ra como a propia xente do concello que vive f\u00f3ra e que agora aproveita as fins de semana para pasalas no concello, \u201cnon s\u00f3 para vir xunto da familia, sen\u00f3n pola oferta de lecer coa que agora poden gozar na Pobra do Broll\u00f3n, ofrec\u00e9moslles algo que facer\u201d, sinala Xos\u00e9 Lois Maceda.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A\u00a0potenciaci\u00f3n dos recursos\u00a0propios foi un dos obxectivos principais do equipo de goberno da Pobra do Broll\u00f3n neste 2018. No ver\u00e1n desenvolv\u00e9ranse as visitas guiadas ao Castro de San Lourenzo, Cova das Choias, polos tempos de Mar\u00eda Casta\u00f1a, Vilach\u00e1 e Repil, a fuxida dun guerrilleiro.\u00a0 Nos meses de finais de ano, m\u00e1is complicados climatol\u00f3xicamente e onde [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1363,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-1362","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1362","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1362"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1362\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2983,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1362\/revisions\/2983"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1363"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1362"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1362"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1362"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}