{"id":2673,"date":"2025-12-18T13:33:01","date_gmt":"2025-12-18T12:33:01","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/as-aventuras-de-nabiza-girl-con-isabel-risco-inaugura-a-programacion-de-nadal-na-guimaralia\/"},"modified":"2026-09-29T09:35:32","modified_gmt":"2026-09-29T07:35:32","slug":"as-aventuras-de-nabiza-girl-con-isabel-risco-inaugura-a-programacion-de-nadal-na-guimaralia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/as-aventuras-de-nabiza-girl-con-isabel-risco-inaugura-a-programacion-de-nadal-na-guimaralia\/","title":{"rendered":"&#8216;As aventuras de Nabiza Girl&#8217; con Isabel Risco inaugura a programaci\u00f3n de Nadal na Guimaralia"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li>Comeza este domingo unha ampla oferta cultural e de lecer que continuar\u00e1 ata o 5 de xaneiro<\/li>\n<li>Haber\u00e1 teatro, m\u00fasica, literatura e m\u00e1is para todas as idades e gustos<\/li>\n<\/ul>\n<p>Este domingo 21 de decembro Isabel Risco presenta na Pobra do Broll\u00f3n<strong> <em>As aventuras de Nabiza Girl: O estra\u00f1o caso da cultura minguante.<\/em> <\/strong>Con este espect\u00e1culo, que ter\u00e1 lugar \u00e1s 20:00 horas na Casa da Cultura &#8216;Olga Novo&#8217;, arranca a programaci\u00f3n de Nadal do Concello da Pobra do Broll\u00f3n.<\/p>\n<p>Isabel Risco volve meterse na pel da s\u00faa personaxe m\u00e1is co\u00f1ecida e querida para enfrontarse a un dos seus maiores retos: combater cos seus superpoderes e unha gran dose de retranca a desaparici\u00f3n progresiva da cultura galega. Unha aventura trepidante e divertid\u00edsima, na que Nabiza Girl contar\u00e1 coa colaboraci\u00f3n de Don Galizo, interpretado por Alberte Bello, que por\u00e1 todo tipo de atrancos c\u00f3micos.<\/p>\n<p>Ademais, na fin de semana hai outros dous eventos culturais en diferentes localidades da Pobra do Broll\u00f3n. O s\u00e1bado 20 \u00e1s 18:30 en Parada dos Montes, o <strong>espect\u00e1culo de narraci\u00f3n oral &#8216;Bailen as vellas&#8217;<\/strong>, con Vero Rilo e Atenea Garc\u00eda, organizado pola Asociaci\u00f3n veci\u00f1al de Parada. O domingo \u00e1s 13:00 en Trasmonte, Vilach\u00e1 de Salvadur, <strong>presentaci\u00f3n do poemario &#8216;Agora, eu cariota&#8217;<\/strong> de Xos\u00e9 Gago, organizada pola editorial Laiovento.<\/p>\n<p>A programaci\u00f3n municipal continuar\u00e1 o d\u00eda 26 cun espect\u00e1culo para p\u00fablico infantil: o <em>Consertasso na horta.<\/em> <strong>Brais das Hortas ofrecer\u00e1 m\u00fasica e humor para toda a familia<\/strong> nun concerto no que a Santa Compa\u00f1a aparece entre as patacas cantando un trap, hai unha pulga punk, os caracois reivindican o reggae, os lagartos toman o sol ao son dun <em>tumbao<\/em> e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Este ecosistema musical darase \u00e1s 17:30 na Casa da Cultura &#8216;Olga Novo&#8217;.<\/p>\n<p>A m\u00fasica seguir\u00e1 o s\u00e1bado 27 con <strong>&#8216;Panxoli\u00f1as polas Parroquias&#8217;<\/strong>. O coro e demais alumnado da Escola municipal de M\u00fasica Samoeiro percorrer\u00e1n Saa, Pi\u00f1o e Canedo a partir das cinco da tarde, para interpretar nas igrexas parroquiais cantos de Nadal e repertorio festivo.<\/p>\n<p>Ao d\u00eda seguinte, domingo 28, tam\u00e9n na Casa da Cultura &#8216;Olga Novo&#8217;, ter\u00e1 lugar un concerto de <strong>Peitoescuro, no que interpretar\u00e1 temas do seu \u00e1lbum debut <em>Semente na fenda<\/em>, <\/strong>unha proposta arraigada nas terras do Courel e da Ribeira Sacra e que bebe da tradici\u00f3n folcl\u00f3rica ib\u00e9rica.<\/p>\n<p>Previamente ao concerto, a partir das 16:00 da tarde, tam\u00e9n na Casa da Cultura, estar\u00e1 aberto o <strong>Mercado Circular de Nadal<\/strong>, cunha ducia de postos de produto local e artesan\u00eda na Casa da Cultura. Esta proposta busca fomentar o consumo local e sostible nestas datas festivas.<\/p>\n<p>Da noite do 31 ao d\u00eda 1, A Pobra do Broll\u00f3n celebrar\u00e1 a entrada ao 2026 cunha <strong>festa Fin de Ano<\/strong> a partir da 1 da ma\u00f1\u00e1 na Casa da Cultura. Haber\u00e1 barra e baile animado polo D\u00fao Eclipse.<\/p>\n<p>Xa no novo ano, o venres 2 de xaneiro \u00e1s 20:00 horas, a autora <strong>Mar\u00eda Jos\u00e9 Tardaguila S\u00e1nchez presentar\u00e1 na Casa da Cultura a s\u00faa novela debut, <em>1140<\/em><\/strong>, libro de ficci\u00f3n hist\u00f3rica sobre o Cami\u00f1o de Santiago do s\u00e9culo XII acerca dos perigos que ameazaban aos peregrinos na \u00e9poca.<\/p>\n<p>A programaci\u00f3n de Nadal chegar\u00e1 ao seu fin <strong>o 5 de xaneiro coa tradicional cabalgata dos Reis Magos<\/strong>, a partir da 5 da tarde cun percorrido pola Pobra do Broll\u00f3n que rematar\u00e1 na Casa da Cultura &#8216;Olga Novo&#8217; coa entrega dos agasallos.<\/p>\n<p>A maiores destes eventos, <strong>a Biblioteca municipal &#8216;Antonio Reboiro&#8217; organiza obradoiros de Nadal<\/strong> destinados a nenos e nenas entre 4 e 12 anos. Ter\u00e1n lugar os d\u00edas 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro, en horario de ma\u00f1\u00e1. O prazo para inscribirse remata este xoves 18 de decembro.<\/p>\n<p>Todos os eventos son de entrada libre. P\u00f3dese consultar m\u00e1is informaci\u00f3n e actualizaci\u00f3ns da programaci\u00f3n na p\u00e1xina web (<a href=\"http:\/\/www.concellodapobradobrollon.gal\/gl\">concellodapobradobrollon.gal<\/a>) e redes sociais (<a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/APobradoBrollon\">facebook.com\/APobradoBrollon<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/guimaralia\/\">instagram.com\/guimaralia<\/a>) do Concello da Pobra do Broll\u00f3n.<\/p>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"849\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/calendario-eventos-a4_0.png\" width=\"600\" \/><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Comeza este domingo unha ampla oferta cultural e de lecer que continuar\u00e1 ata o 5 de xaneiro Haber\u00e1 teatro, m\u00fasica, literatura e m\u00e1is para todas as idades e gustos Este domingo 21 de decembro Isabel Risco presenta na Pobra do Broll\u00f3n As aventuras de Nabiza Girl: O estra\u00f1o caso da cultura minguante. Con este espect\u00e1culo, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2674,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[20],"tags":[764],"class_list":["post-2673","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","tag-nadal"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2673","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2673"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2673\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3639,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2673\/revisions\/3639"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2674"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2673"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2673"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2673"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}