{"id":2072,"date":"2022-09-08T10:59:49","date_gmt":"2022-09-08T08:59:49","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/comeza-a-segunda-escavacion-no-xacemento-de-penas-do-castelo-en-salcedo\/"},"modified":"2026-09-29T09:35:07","modified_gmt":"2026-09-29T07:35:07","slug":"comeza-a-segunda-escavacion-no-xacemento-de-penas-do-castelo-en-salcedo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/comeza-a-segunda-escavacion-no-xacemento-de-penas-do-castelo-en-salcedo\/","title":{"rendered":"Comeza a segunda escavaci\u00f3n no xacemento de Penas do Castelo en Salcedo"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li>A campa\u00f1a est\u00e1 financiada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboraci\u00f3n do Concello da Pobra do Broll\u00f3n, Asociaci\u00f3n Veci\u00f1al e Comunidade de Montes de Salcedo<\/li>\n<li>O obxectivo da campa\u00f1a \u00e9 tratar de saber m\u00e1is sobre a funcionalidade do xacemento<\/li>\n<\/ul>\n<p>Xa est\u00e1 en marcha a segunda escavaci\u00f3n en Penas do Castelo, Salcedo, A Pobra do Broll\u00f3n. Comezou\u00a0a campa\u00f1a coa visita o mediod\u00eda do luns\u00a0do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, xunto co alcalde da Pobra do Broll\u00f3n, Xos\u00e9 Lois Maceda,\u00a0o presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Teddy L\u00f3pez, as\u00ed como representantes da Asociaci\u00f3n Veci\u00f1al.<\/p>\n<p>A segunda escavaci\u00f3n en Penas do Castelo arranca despois de que en decembro se presentasen as dataci\u00f3ns acadadas na campa\u00f1a impulsada pola Xunta de Galicia o ver\u00e1n pasado e que resultaron tremendamente sorprendentes pola s\u00faa antig\u00fcidade.<\/p>\n<p>Na primeira campa\u00f1a, os traballos centr\u00e1ronse na zona da muralla revelando un sistema construtivo con soluci\u00f3ns realmente orixinais e un aspecto monumental. Tom\u00e1ronse varias mostraxes para poder datar a muralla por Carbono-14 e a\u00ed estaba a sorpresa: unha dataci\u00f3n do s\u00e9culo IX a.C. no extremo de dataci\u00f3n m\u00e1is antigo.<\/p>\n<p>Deste xeito o que non se sab\u00eda se era castro ou castelo altomedieval, resultou ser\u00a0<strong>un dos castros m\u00e1is antigos do noroeste peninsular<\/strong>, xusto no inicio da aparici\u00f3n deste tipo de poboados permanentes. \u201cEstamos nun per\u00edodo de transici\u00f3n entre a Idade do Bronce e a do Ferro, complexo\u201d comenta o director da intervenci\u00f3n, Benito Vilas de \u00c1rbore Arqueolox\u00eda.<\/p>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"600\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/penas-do-castelo.jpg\" width=\"800\" \/><\/p>\n<p><strong><em>Despois do cando, o por que<\/em><\/strong><\/p>\n<p>A\u00ednda queda moito por saber do xacemento, de a\u00ed esta segunda campa\u00f1a de escavaci\u00f3n. \u201cUnha vez temos o cando, queremos saber o por que\u201d sinala Vilas. Existe a hip\u00f3tese de que o xacemento est\u00e1 vinculado \u00e1 explotaci\u00f3n de mineral, probablemente ferro, tanto pola riqueza do entorno como polo feito de que o pouco material que ten aparecido son escouras resultantes de traballos de reduci\u00f3n do mineral.<\/p>\n<p>As sondaxes deste ano pretenden atopar m\u00e1is indicios das actividades que se levaban a cabo no xacemento. \u201cO xacemento est\u00e1 nun lugar case inaccesible e de gran pendente, tivo que haber algo de gran importancia que levase a establecelo nun lugar tan inh\u00f3spito\u201d.<\/p>\n<p><strong>Para a elecci\u00f3n definitiva das sondaxes da presente campa\u00f1a, o lume foi determinante.<\/strong>\u00a0O xacemento ardeu no incendio que afectou en xullo \u00e1 Pobra do Broll\u00f3n e Folgoso do Courel. \u201cO lume pasou r\u00e1pido por el e non afectou \u00e1s estruturas\u201d comenta Benito. Por\u00e9n, eliminou a vexetaci\u00f3n existente, permitindo detectar novas estruturas e afinando a situaci\u00f3n das sondaxes.<\/p>\n<p><strong><em>Establecendo unha \u201cArqueolox\u00eda de aldea\u201d<\/em><\/strong><\/p>\n<p>A escavaci\u00f3n forma parte dun proxecto veci\u00f1al que pretende po\u00f1er en valor o Patrimonio da parroquia, co\u00f1ecida polo Entroido do Oso de Salcedo. Deste xeito, a semana pasada celebrouse a Semana Cultural de Salcedo que xa se recuperara o ano pasado e entronca co pasado cultural e asociativo da parroquia.<\/p>\n<p>De feito, unha das actividades foi a reivindicaci\u00f3n da revista\u00a0<em>La Voz de Salcedo<\/em>, unha revista editada pola Asociaci\u00f3n Veci\u00f1al. Ademais, houbo d\u00faas charlas nas cantinas da aldea, unha andaina nocturna con observaci\u00f3n de estrelas e un concerto coral do m\u00fasico Ale, veci\u00f1o de Salcedo, xunto con amigos e familiares da parroquia.<\/p>\n<p>\u201cA esencia do proxecto \u00e9 o car\u00e1cter comunitario, que a xente se vincule e crear un c\u00edrculo en torno aos elementos patrimoniais\u201d comenta Marisa Defente, da directiva da A.V. de Salcedo e da Comunidade de Montes de Salcedo.<\/p>\n<p>Ao longo de setembro est\u00e1 prevista a realizaci\u00f3n de m\u00e1is actividades divulgativas e ligadas ao Patrimonio que se ir\u00e1n desvelando pouco a pouco.<\/p>\n<p>O proxecto engl\u00f3base tam\u00e9n na\u00a0<strong>pol\u00edtica patrimonial municipal que aposta decididamente pola arqueolox\u00eda en Comunidade<\/strong>\u00a0como forma de xesti\u00f3n do seu Patrimonio. Proxectos como o Castro de San Lourenzo en Cereixa, Adegas da Memoria en Vilach\u00e1 ou Penas do Castelo en Salcedo, son exemplos de como establecer recursos tur\u00edsticos de xeito sostible e da man da veci\u00f1anza.<\/p>\n<p>Por outra banda,\u00a0<strong>dende a Conseller\u00eda de Cultura sinalan tam\u00e9n a importancia deste tipo de proxectos comunitarios para facer unha xesti\u00f3n transversal do Patrimonio<\/strong>. Ademais, salientan como Penas do Castelo est\u00e1 nun lugar estrat\u00e9xico, bisagra entre a Ribeira Sacra e o Courel, no centro simb\u00f3lico da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra-Courel.<\/p>\n<p>Na situaci\u00f3n actual, tras o lume devastador que arrasou a zona a principios de ver\u00e1n, recuperar actividades alternativas no monte resulta esencial.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A campa\u00f1a est\u00e1 financiada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboraci\u00f3n do Concello da Pobra do Broll\u00f3n, Asociaci\u00f3n Veci\u00f1al e Comunidade de Montes de Salcedo O obxectivo da campa\u00f1a \u00e9 tratar de saber m\u00e1is sobre a funcionalidade do xacemento Xa est\u00e1 en marcha a segunda escavaci\u00f3n en Penas do Castelo, Salcedo, A Pobra do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2073,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[20],"tags":[849,964,957,786],"class_list":["post-2072","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","tag-arqueoloxia","tag-patrimonio","tag-penas-do-castelo","tag-salcedo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2072","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2072"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2072\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3338,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2072\/revisions\/3338"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2073"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2072"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2072"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2072"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}