{"id":1970,"date":"2022-01-10T13:04:38","date_gmt":"2022-01-10T12:04:38","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/en-vigor-unha-nova-ordenanza-para-a-creacion-de-furanchos-na-pobra-do-brollon\/"},"modified":"2026-09-29T09:35:03","modified_gmt":"2026-09-29T07:35:03","slug":"en-vigor-unha-nova-ordenanza-para-a-creacion-de-furanchos-na-pobra-do-brollon","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/en-vigor-unha-nova-ordenanza-para-a-creacion-de-furanchos-na-pobra-do-brollon\/","title":{"rendered":"En vigor unha nova ordenanza para a creaci\u00f3n de furanchos na Pobra do Broll\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>Dende o primeiro d\u00eda deste mes de xaneiro, est\u00e1 en vigor unha ordenanza para regular a apertura de furanchos no municipio da Pobra do Broll\u00f3n.\u00a0<\/p>\n<p>Os furanchos son establecementos para a venta de excedente de vi\u00f1o e a s\u00faa apertura est\u00e1 regulada por unha lei auton\u00f3mica que imp\u00f3n unha serie de condici\u00f3ns. Ademais desta lei auton\u00f3mica, os Concellos deben habilitar esta opci\u00f3n mediante ordenanza municipal, que \u00e9 o que se v\u00e9n de facer.\u00a0<\/p>\n<p>Trala aprobaci\u00f3n da ordenanza no Concello da Pobra do Broll\u00f3n o pasado 29 de outubro, xa foi publicada no BOP, polo tanto xa est\u00e1 en vigor. <u><a href=\"https:\/\/www.deputacionlugo.gal\/sites\/deputacionlugo.org\/files\/inline-files\/31-12-2021.pdf#page=53\" target=\"_blank\">Consulta o texto completo da ordenanza no BOP.<\/a>\u00a0<\/u><\/p>\n<p><strong><em>As condici\u00f3ns<\/em><\/strong><\/p>\n<p>\u201cRealmente hai pouca marxe de regulaci\u00f3n para os Concellos e a ordenanza \u00e9 case igual \u00e1 lei auton\u00f3mica,\u201d explica o alcalde da Pobra do Broll\u00f3n, Xos\u00e9 Lois Maceda.<\/p>\n<p><strong>Non pode abrir un furancho calquera persoa, sen\u00f3n que debe ser un viticultor con vi\u00f1as rexistradas no rexistro vit\u00edcola de Galicia.<\/strong>\u00a0A superficie das vi\u00f1as en propiedade determinar\u00e1 a cantidade de vi\u00f1o que cada viticultor pode vender ao ano.<\/p>\n<p>Tampouco se pode abrir durante todo o ano sen\u00f3n que est\u00e1 limitado ao per\u00edodo de xaneiro ata xu\u00f1o, podendo ampliar excepcionalmente ao mes de xullo. Entre agosto e fin de ano os establecementos deben estar pechados.\u00a0<\/p>\n<p>Os locais, a corresponder con lugares de elaboraci\u00f3n ou almacenaxe de vi\u00f1o, tam\u00e9n deben cumprir unha serie de condici\u00f3ns para a apertura e cumprir cuns requisitos administrativos.<\/p>\n<p><strong>As tapas que se poden servir est\u00e1n limitadas a unha listaxe<\/strong>\u00a0recollida na lei auton\u00f3mica e a ordenanza municipal entre as que o propietario debe escoller ao rexistrar o furancho.<\/p>\n<p>\u201c<strong>O concepto furancho neste sentido est\u00e1 mal entendido<\/strong>,\u201d comenta Xos\u00e9 Lois Maceda. \u201cHoubo durante moito tempo un mal uso do concepto noutras \u00e1reas que fai que agora un sector da poboaci\u00f3n identifique os furanchos con bares ou restaurantes piratas cando \u00e9 algo totalmente diferente\u201d.<\/p>\n<p><strong><em>Moitas f\u00f3rmulas<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Os furanchos poden ser unha ferramenta moi \u00fatil no mantemento das vi\u00f1as existentes, nomeadamente as da parroquia de Vilach\u00e1, xa que para o pequeno viticultor \u00e9 un xeito de sacar un maior r\u00e9dito ao seu traballo.<\/p>\n<p>\u201cTemos unha paisaxe vit\u00edcola en retroceso, cada vez m\u00e1is abandonada, polo que\u00a0<strong>calquera est\u00edmulo aos propietarios ou xente que se queira sumar \u00e1 viticultura \u00e9 positivo<\/strong>,\u201d observa Maceda. \u201cAdemais, os furanchos poden e deben ser compatibles co establecemento de adegas cun modelo m\u00e1is empresarial.\u201d<\/p>\n<p>\u201cNeste sentido, dende o Concello levamos uns anos apostando pola valorizaci\u00f3n de Vilach\u00e1 e da Ribeira Sacra gu\u00edmara, por exemplo, apoiando o proxecto de Adegas da Memoria,\u201d engade o alcalde.<\/p>\n<p>O establecemento de furanchos nesta parroquia ser\u00eda ademais\u00a0<strong>un complemento tur\u00edstico<\/strong>\u00a0e unha moi boa opci\u00f3n de redondear a experiencia de visitantes que vaian ao miradoiro da Capela, \u00e1s visitas guiadas municipais ou \u00e1s adegas tradicionais da Abelaira en Vilach\u00e1, onde incluso se poder\u00eda establecer alg\u00fan furancho.<\/p>\n<p><strong><em>M\u00e1is al\u00e1 de Vilach\u00e1<\/em><\/strong><\/p>\n<p>A medida dos furanchos non soamente se pode aplicar en Vilach\u00e1; vai orientada a todo o territorio municipal xa que existen vi\u00f1as noutras parroquias ou xente que ten vi\u00f1as en Vilach\u00e1 pero elabora noutra parroquia.<\/p>\n<p>Neste contexto os furanchos poder\u00edan xogar un<strong>\u00a0papel semellante ao das antigas cantinas como lugar de socializaci\u00f3n nas aldeas<\/strong>. Nestes pequenos puntos con cada vez menos veci\u00f1os, a existencia de lugares onde facer comunidade \u00e9 importante.<\/p>\n<p>\u201cNo fondo, o concepto de furancho est\u00e1 moi arraigado no noso ADN cultural\u201d, reflexiona o Alcalde. \u201cNon se trata realmente m\u00e1is que de \u2018embodegar\u2019, esas xuntanzas nas adegas. A diferenza \u00e9 que se pode sacar un rendemento econ\u00f3mico, revertendo no propietario e permitindo acceder a esa experiencia a xente que, ao non ter arraigo no territorio, non acceder\u00eda doutro xeito\u201d.<\/p>\n<p><strong><em>Proceso aberto<\/em><\/strong><\/p>\n<p><strong>Xa se poden dar de alta os furanchos<\/strong>\u00a0no rexistro municipal escollendo os tres meses de apertura m\u00e1is as tapas a servir, xunto coa presentaci\u00f3n do resto da documentaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Para facilitar a informaci\u00f3n aos veci\u00f1os e responder d\u00fabidas, o Concello anunciar\u00e1 proximamente unha charla informativa na Casa da Cultura \u2018Olga Novo\u2019.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dende o primeiro d\u00eda deste mes de xaneiro, est\u00e1 en vigor unha ordenanza para regular a apertura de furanchos no municipio da Pobra do Broll\u00f3n.\u00a0 Os furanchos son establecementos para a venta de excedente de vi\u00f1o e a s\u00faa apertura est\u00e1 regulada por unha lei auton\u00f3mica que imp\u00f3n unha serie de condici\u00f3ns. Ademais desta lei [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1971,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[939,723,848,802],"class_list":["post-1970","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral","tag-furanchos","tag-ribeira-sacra","tag-vilacha-de-salvadur","tag-viticultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1970","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1970"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1970\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3287,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1970\/revisions\/3287"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1971"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1970"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1970"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1970"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}