{"id":1964,"date":"2021-12-30T10:33:11","date_gmt":"2021-12-30T09:33:11","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/o-carbono-14-revela-penas-de-castelo-como-un-dos-castros-documentados-mais-antigos-de-galicia\/"},"modified":"2026-09-29T09:35:03","modified_gmt":"2026-09-29T07:35:03","slug":"o-carbono-14-revela-penas-de-castelo-como-un-dos-castros-documentados-mais-antigos-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/o-carbono-14-revela-penas-de-castelo-como-un-dos-castros-documentados-mais-antigos-de-galicia\/","title":{"rendered":"O carbono 14 revela Penas de Castelo como un dos castros documentados m\u00e1is antigos de Galicia"},"content":{"rendered":"<p>A primeira campa\u00f1a arqueol\u00f3xica en Penas do Castelo segue dando resultados \u00fanicos e sorprendentes. Este xacemento situado na ladeira do R\u00edo Lor na parroquia de Salcedo, A Pobra do Broll\u00f3n, foi escavado o pasado ver\u00e1n con financiaci\u00f3n da Xunta de Galicia e a colaboraci\u00f3n de Concello, Asociaci\u00f3n Veci\u00f1al e Comunidade de Montes.<\/p>\n<p>Na escavaci\u00f3n descubriuse unha monumental muralla con seis metros de ancho e ata catro de altura. Dende aquela, moito se ten especulado entre veci\u00f1os e especialistas sobre a orixe deste xacemento tan peculiar.<\/p>\n<p>Os seus foxos monumentais, escavados na rocha, recordaban aos de outros castros do Courel e mesmo a xacementos como o do Castrill\u00f3n en Larouco. Por outra banda, a s\u00faa situaci\u00f3n totalmente en ladeira con moi pouca superficie aproveitable no interior e sobre todo, a s\u00faa descomunal muralla e un peculiar sistema construtivo en m\u00f3dulos, ti\u00f1a desconcertados aos especialistas.<\/p>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"533\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/penas-do-castelo-aereo.JPG\" width=\"800\" \/><\/p>\n<p>Durante a escavaci\u00f3n, a edaf\u00f3loga Cruz Ferro tomou unhas mostras de terra \u2018en puntos clave do momento de construci\u00f3n da muralla\u2019 comenta. Tras ser analizadas por Carbono-14 no laboratorio BETA de Miami, podemos afirmar que os resultados das dataci\u00f3ns dan\u00a0<strong>s\u00e9culo VIII\u2013IX antes da nosa era.\u00a0<\/strong>\u2018A coherencia de resultados entre as tres mostras, fainos altamente fiables,\u2019 engade Ferro.\u00a0<\/p>\n<p><strong>A<\/strong>\u00a0<strong>orixinalidade do xacemento v\u00e9n dada por tratarse dun castro extremadamente temper\u00e1n<\/strong>, polo que non resulta comparable cos castros m\u00e1is \u2018cl\u00e1sicos\u2019 de \u00e9pocas posteriores. \u2018Isto refl\u00e9xase na propia toponimia; non \u00e9 casual que se lle chame castelo e non castro. Para a sociedade tradicional, isto non era un castro como pode ser o da Roda, tam\u00e9n en Salcedo\u2019 sinalan dende o equipo.<\/p>\n<p>Con esta dataci\u00f3n, Penas do Castelo sit\u00faase precisamente no que ser\u00eda\u00a0<strong>a transici\u00f3n da Idade do Bronce \u00e1 Idade do Ferro<\/strong>. Ser\u00eda esta a \u00e9poca da construci\u00f3n dos primeiros castros no noroeste peninsular, \u00e9 dicir, o momento no que as comunidades comezan a asentarse de forma sedentaria no territorio e a facer construci\u00f3ns permanentes en pedra.\u00a0<\/p>\n<p>\u2018Estamos na bisagra entre un mundo de estruturas perecedoiras, m\u00e1is de c<em>amping\u00a0<\/em>e un mundo de edificios para durar, m\u00e1is de aldea,\u2019 resume Benito Vilas, director arqueol\u00f3xico.<\/p>\n<p>Precisamente este \u00e9 un dos elementos m\u00e1is interesantes do xacemento, xa que m\u00e1is al\u00e1 do local, ga\u00f1a interese cient\u00edfico por tratarse dun\u00a0<strong>per\u00edodo hist\u00f3rico no noroeste peninsular moi desco\u00f1ecido a nivel de investigaci\u00f3n<\/strong>. Penas do Castelo pode contribu\u00edr a entender as din\u00e1micas que provocan a sedentarizaci\u00f3n das comunidades e as tensi\u00f3ns territoriais que isto provoca.<\/p>\n<p>Neste marco, a situaci\u00f3n do xacemento non semella casual xa que se atopa nun territorio de co\u00f1ecida riqueza mineral. Naquel momento, certos minerais como o ferro ser\u00edan estrat\u00e9xicos e o control da s\u00faa extracci\u00f3n e comercio, fundamental para as comunidades. \u2018Sospeitamos que este feito pode estar detr\u00e1s da localizaci\u00f3n tan at\u00edpica, en ladeira, ou do extraordinario tama\u00f1o das murallas,\u2019 comentan dende o equipo.<\/p>\n<p><strong><em>Novos interrogantes\u00a0<\/em><\/strong><\/p>\n<p>A chegada dos resultados \u00e9 unha agardada resposta que \u00e1 s\u00faa vez provoca novas preguntas.<\/p>\n<p>\u2018Temos que entender que mentres esta comunidade est\u00e1 a dotarse dunha muralla de pedra de seis metros de ancho, noutros lugares de Galicia a\u00ednda est\u00e1n constru\u00edndo con paus, palla e barro,\u2019 destaca Benito Vilas.\u00a0<\/p>\n<p>Dende o punto de vista da organizaci\u00f3n social, este feito pode ser indicio dunha comunidade moi organizada, seguramente con xerarqu\u00edas e, sobre todo, excedente en tempo e man de obra que permita unha obra civil desta magnitude.<\/p>\n<p>Por outra banda, est\u00e1 o co\u00f1ecemento t\u00e9cnico que implica esta construci\u00f3n. \u2018Chama a atenci\u00f3n que nesta \u00e9poca, na que se constr\u00faen os primeiros muros en pedra, fagan unha muralla de seis metros de ancho e cunha t\u00e9cnica tan depurada. De onde v\u00e9n ese co\u00f1ecemento?\u2019 preg\u00fantase Vilas.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"600\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/presentacion-datacion-penas-do-castelo%20copia.jpg\" width=\"800\" \/><\/p>\n<p><strong><em>Novos retos\u00a0<\/em><\/strong><\/p>\n<p>O xacemento afronta tam\u00e9n un novo momento como sitio visitable dentro da rede de recursos tur\u00edsticos do Concello da Pobra do Broll\u00f3n. \u2018A aposta do Concello da Pobra do Broll\u00f3n pola\u00a0<strong>arqueolox\u00eda en comunidade como estratexia de creaci\u00f3n de recursos tur\u00edsticos\u00a0<\/strong>d\u00e1 os seus froitos e estes resultados, sen d\u00fabida, aumentar\u00e1n o interese en visitar este xacemento,\u2019 sinala Xos\u00e9 Lois Maceda, alcalde do Concello da Pobra do Broll\u00f3n.<\/p>\n<p>Ademais o resultado axuda a xuntar aos veci\u00f1os en torno ao xacemento e o proxecto, xa que sit\u00faa a Salcedo no mapa arqueol\u00f3xico. \u2018Ademais do co\u00f1ecido Entroido e o Oso, Salcedo ten outros valores patrimoniais que temos que destacar,\u2019 sinala Marisa Defente, representante da Asociaci\u00f3n Veci\u00f1al e Comunidade de Montes de Salcedo. \u2018\u00c9 moi curioso ver como as construci\u00f3ns desas primeiras comunidades en asentarse no territorio, axudan agora \u00e1s que se cadra somos as \u00faltimas comunidades a crear identidade e recursos para seguir sedentarios.\u2019<\/p>\n<p>Para a Conseller\u00eda de Cultura os resultados son de sumo interese para a investigaci\u00f3n mais tam\u00e9n no marco da candidatura a Patrimonio da Humanidade, xa que nos po\u00f1en en contacto coas primeiras comunidades en asentarse de forma definitiva e permanente nestas ribeiras, coas consecuencias que isto ten para a paisaxe.\u00a0<\/p>\n<p><iframe allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture\" allowfullscreen=\"\" frameborder=\"0\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/gMR03Wg5d_M\" title=\"YouTube video player\" width=\"800\"><\/iframe><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A primeira campa\u00f1a arqueol\u00f3xica en Penas do Castelo segue dando resultados \u00fanicos e sorprendentes. Este xacemento situado na ladeira do R\u00edo Lor na parroquia de Salcedo, A Pobra do Broll\u00f3n, foi escavado o pasado ver\u00e1n con financiaci\u00f3n da Xunta de Galicia e a colaboraci\u00f3n de Concello, Asociaci\u00f3n Veci\u00f1al e Comunidade de Montes. Na escavaci\u00f3n descubriuse [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1965,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[849],"class_list":["post-1964","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral","tag-arqueoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1964","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1964"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1964\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3284,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1964\/revisions\/3284"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1965"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1964"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1964"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1964"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}