{"id":1938,"date":"2021-10-07T11:14:34","date_gmt":"2021-10-07T09:14:34","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/a-pobra-do-brollon-volve-tinguirse-de-as-cores-do-outono\/"},"modified":"2026-09-29T09:35:02","modified_gmt":"2026-09-29T07:35:02","slug":"a-pobra-do-brollon-volve-tinguirse-de-as-cores-do-outono","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/a-pobra-do-brollon-volve-tinguirse-de-as-cores-do-outono\/","title":{"rendered":"A Pobra do Broll\u00f3n volve tinguirse de As Cores do Outono"},"content":{"rendered":"<p>A fin de semana do 16 e 17 de outubro, celebrarase na Pobra do Broll\u00f3n a s\u00e9tima edici\u00f3n do festival As Cores do Outono. Ser\u00e1 unha edici\u00f3n completa con diferentes eventos relacionadas coa poes\u00eda, o baile, o teatro, a maxia e por suposto, a m\u00fasica.\u00a0<\/p>\n<p>Tras a suspensi\u00f3n da cita o ano pasado por mor da pandemia, este ano volve para posicionarse como un festival folk de referencia no outono do sur de Lugo. \u201cCon esta edici\u00f3n especial queremos recuperar a esencia do festival, m\u00e1is pegado \u00e1 terra e tocando m\u00e1is disciplinas art\u00edsticas al\u00e9n da m\u00fasica,\u201d declara o alcalde da Pobra do Broll\u00f3n, Xos\u00e9 Lois Maceda.<\/p>\n<p><strong>Un s\u00e1bado completo dende a ma\u00f1\u00e1 ata a noite<\/strong><\/p>\n<p>A programaci\u00f3n comezar\u00e1 o s\u00e1bado 16 \u00e1s 12:00 coa presentaci\u00f3n na Casa da Cultura do novo poemario de Carlos Da Aira,\u00a0<em>Punto de Ignici\u00f3n,\u00a0<\/em><strong>acompa\u00f1ado pola poeta Olga Novo.\u00a0<\/strong><\/p>\n<p>Seguir\u00e1 cun verm\u00fa \u00e1s 13:30 na terraza do Primeiro de Maio cunha\u00a0<strong>sesi\u00f3n de m\u00fasica a cargo de Teresa Ferreiro<\/strong>. Esta artista e DJ procedente de Santiago de Compostela \u00e9 co\u00f1ecida polas s\u00faas sesi\u00f3ns ecl\u00e9cticas e experimentais que mesturan x\u00e9neros como canci\u00f3ns de Leil\u00eda con techno.\u00a0<\/p>\n<p>Pola tarde \u00e1s 17:30 na \u00e1rea recreativa de Samugueiros ter\u00e1 lugar un\u00a0<strong>obradoiro de baile tradicional a cargo de Montse Rivera<\/strong>, membro fundadora de Leil\u00eda. O obradoiro est\u00e1 indicado para persoas que xa saben bailar un pouco e incluir\u00e1 puntos recollidos da zona.\u00a0<\/p>\n<p>Despois \u00e1s 19:00 haber\u00e1 unha\u00a0<strong>sesi\u00f3n de maxia co Mago Marco<\/strong>\u00a0na Casa da Cultura, indicada para p\u00fablico familiar.<\/p>\n<p>A partir das 20:00 \u00e1brense as portas para os concertos na \u00c1rea recreativa de Samugueiros. Este ano ser\u00e1n unha aposta polo talento e m\u00fasica locais, comezando polo\u00a0<strong>Combo Guimaralia<\/strong>, formado por m\u00fasicos de gran reco\u00f1ecemento na m\u00fasica tradicional vinculados ao municipio, como son Suso 40, Xi\u00e1n Herrera, Xos\u00e9 Maceda,\u00a0\u00a0Pablo Bern\u00e1rdez, Pablo Camarero e \u00d3scar S\u00e1nchez.<\/p>\n<p>Tras Combo Guimaralia ser\u00e1 o concerto de\u00a0<strong>\u2018M\u00fasicas de Ferreiros\u2019, o proxecto musical do gaiteiro Javier Franco,\u00a0<\/strong>afincado en Madrid<strong>,\u00a0<\/strong>no que recupera pezas da aldea dos seus av\u00f3s na Pobra do Broll\u00f3n. Este concerto ser\u00e1 a presentaci\u00f3n do proxecto e estar\u00e1 acompa\u00f1ado de m\u00fasicos de gran traxectoria procedentes de dentro e f\u00f3ra de Galicia, como Luis Caruncho (zanfona e brindos), Carlos Quint\u00e1 (viol\u00edn), Patricia S\u00e1nchez Seoane (voz), Javier Vizca\u00edno e Jes\u00fas Parra (guitarra), Javier L\u00f3pez (acorde\u00f3n), por nomear alg\u00fans dos que estar\u00e1n tocando a noite do s\u00e1bado.<\/p>\n<p>As actuaci\u00f3ns musicais rematar\u00e1n coa\u00a0<strong>co\u00f1ecida agrupaci\u00f3n de Sober, Os Parentes<\/strong>.\u00a0<\/p>\n<p><strong>Un festival para po\u00f1erse en p\u00e9<\/strong><\/p>\n<p>Respectando todas as normativas vixentes, o festival contar\u00e1 con\u00a0<strong>zona de baile de p\u00e9<\/strong>, onde non se poder\u00e1 consumir nin fumar, e ser\u00e1 obrigatorio o uso de m\u00e1scara. Asemade haber\u00e1 un espazo con cadeiras onde o p\u00fablico tam\u00e9n poder\u00e1 asistir sentado ao concerto. As zonas de baile e de cadeiras estar\u00e1n separadas da zona de barra onde si se poder\u00e1 consumir.<\/p>\n<p>Esta separaci\u00f3n dos espazos as\u00ed como a obriga de ter os datos dos asistentes fai m\u00e1is complexa a produci\u00f3n, polo que dende a organizaci\u00f3n piden colaboraci\u00f3n e animan a que os asistentes vaian facendo as reservas con antelaci\u00f3n.<\/p>\n<p>\u201cQueremos ofrecer o primeiro concerto de p\u00e9 en case dous anos e ademais de xeito gratu\u00edto. S\u00f3 pedimos un pouco de colaboraci\u00f3n enviando un WhatsApp para facilitarnos a labor,\u201d comenta Maceda.<\/p>\n<p><strong>Programaci\u00f3n para todos os p\u00fablicos<\/strong><\/p>\n<p>O domingo 17 ter\u00e1 lugar unha obra teatral dirixida ao p\u00fablico familiar:\u00a0<strong>D<em>uncan de Palleiro<\/em>, da agrupaci\u00f3n L\u00eel\u00e2 Teatro<\/strong>. Ser\u00e1 \u00e1s 18:30 na Casa da Cultura.\u00a0<\/p>\n<p>Ese d\u00eda ao mediod\u00eda haber\u00e1 un\u00a0<strong>verm\u00fa po\u00e9tico<\/strong>\u00a0no que participar\u00e1n tanto poetas consagrados como poetas noveles. A organizaci\u00f3n ir\u00e1 desvelando m\u00e1is detalles nos pr\u00f3ximos d\u00edas.<\/p>\n<p><strong>Todas as actividades son gratu\u00edtas, previa reserva no tel\u00e9fono 650 624 828<\/strong>. As reservas fanse preferiblemente por WhatsApp, indicando nome completo e n\u00famero de prazas. A excepci\u00f3n \u00e9 a sesi\u00f3n de m\u00fasica de Teresa Ferreiro, que se reserva directamente no bar Primeiro de Maio, no tel\u00e9fono 982 430 134.<\/p>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"1200\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/as-cores-do-outono-a3-3.png\" width=\"848\" \/><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A fin de semana do 16 e 17 de outubro, celebrarase na Pobra do Broll\u00f3n a s\u00e9tima edici\u00f3n do festival As Cores do Outono. Ser\u00e1 unha edici\u00f3n completa con diferentes eventos relacionadas coa poes\u00eda, o baile, o teatro, a maxia e por suposto, a m\u00fasica.\u00a0 Tras a suspensi\u00f3n da cita o ano pasado por mor [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1939,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[20],"tags":[703,704,706],"class_list":["post-1938","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","tag-as-cores-do-outono","tag-concertos","tag-festival"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1938","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1938"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1938\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3271,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1938\/revisions\/3271"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1939"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1938"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1938"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1938"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}