{"id":1696,"date":"2020-07-07T12:37:52","date_gmt":"2020-07-07T10:37:52","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/confirmase-a-segunda-campana-de-escavacion-en-os-conventos-vilacha-de-salvadur\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:52","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:52","slug":"confirmase-a-segunda-campana-de-escavacion-en-os-conventos-vilacha-de-salvadur","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/confirmase-a-segunda-campana-de-escavacion-en-os-conventos-vilacha-de-salvadur\/","title":{"rendered":"Conf\u00edrmase a segunda campa\u00f1a de escavaci\u00f3n en Os Conventos, Vilach\u00e1 de Salvadur"},"content":{"rendered":"<p>Un equipo multidisciplinar realizar\u00e1 a partir da segunda quincena de xullo unha campa\u00f1a arqueol\u00f3xica no lugar de Os Conventos, en Vilach\u00e1 de Salvadur, A Pobra do Broll\u00f3n.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase da segunda escavaci\u00f3n neste lugar, trala primeira campa\u00f1a que realizouse con \u00e9xito na primavera de 2019. A intervenci\u00f3n est\u00e1 enmarcada no <strong>proxecto etnoarqueol\u00f3xico Adegas da Memoria<\/strong>, que busca a recuperaci\u00f3n da memoria colectiva da parroquia de Vilach\u00e1, en plena Ribeira Sacra.<\/p>\n<p>O proxecto naceu a principios do ano pasado grazas \u00e1 <strong>colaboraci\u00f3n entre o Concello da Pobra do Broll\u00f3n e a Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os de Vilach\u00e1, coa incorporaci\u00f3n este ano da Conseller\u00eda de Cultura e Turismo<\/strong> a trav\u00e9s da Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio. Tam\u00e9n participan a Universidade Nova de Lisboa e o Incipit-CSIC.<\/p>\n<p>A Xunta de Galicia financia a actuaci\u00f3n deste ano cunha achega de 18.510 \u20ac. A Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os enc\u00e1rgase de rozar o acceso ao xacemento e o Concello oc\u00fapase de gastos de lox\u00edstica da campa\u00f1a.<\/p>\n<p>\u201cQue un proxecto que nace dende os veci\u00f1os acabe acadando financiamento auton\u00f3mico \u00e9 algo moi positivo. Sinala que a aposta municipal pola arqueolox\u00eda en comunidade vai por bo cami\u00f1o e que un modelo de abaixo cara arriba \u00e9 posible,\u201d sinala Xos\u00e9 Lois Maceda, alcalde da Pobra do Broll\u00f3n.<\/p>\n<p>O presidente da Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os de Vilach\u00e1, Jos\u00e9 Casti\u00f1eira, comenta: \u201cPara n\u00f3s \u00e9 un orgullo que un proxecto promovido dende a veci\u00f1anza figure entre os poucos proxectos nos que participa a Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio neste ano tan complicado a todos os niveis\u201d.<\/p>\n<p><strong><em>Trala pista dos veci\u00f1os\u00a0<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Os arque\u00f3logos tiveron noticia de Os Conventos a trav\u00e9s dos veci\u00f1os de Vilach\u00e1, que falaban dun antigo mosteiro no lugar.\u00a0<\/p>\n<p>Seguindo a lenda, decidiuse facer unha intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica en maio de 2019 que confirmou a ocupaci\u00f3n medieval do lugar. Nos \u00faltimos compases da intervenci\u00f3n, confirmouse o car\u00e1cter sagrado de Os Conventos, ao aparecer un estra\u00f1o enterramento que a an\u00e1lise por carbono 14 datou no s\u00e9culo X.<\/p>\n<p>Para este ano, os t\u00e9cnicos centrar\u00e1n a campa\u00f1a<strong> na procura de posibles novos enterramentos<\/strong>, que indicar\u00edan que se trata dunha necr\u00f3pole e non dun enterramento illado. Por outra banda, os arque\u00f3logos contan con poder entender mellor os l\u00edmites e estrutura do xacemento, que est\u00e1 moi ligado \u00e1 construci\u00f3n das terrazas de cultivo da ribeira.<\/p>\n<p>O arque\u00f3logo director,\u00a0<strong>Xurxo Ay\u00e1n<\/strong>, explica a complexidade da intervenci\u00f3n: \u201cTr\u00e1tase dun xacemento que tivo moitos cambios ao longo da historia. Hai moitos muros, pero non todos son da mesma \u00e9poca e os l\u00edmites son difusos porque se mesturan coas\u00a0\u00a0muras dos socalcos.\u201d<\/p>\n<p>Esta complexidade do xacemento outorga un grande interese. \u201c\u00c9 enormemente interesante a oportunidade que ofrece este enclave para estudar as orixes e evoluci\u00f3n da Ribeira Sacra, o que pode ter gran repercusi\u00f3n na candidatura a Patrimonio da Humanidade,\u201d apunta Ay\u00e1n.<\/p>\n<p>A investigaci\u00f3n cotexa os achados arqueol\u00f3xicos, a documentaci\u00f3n medieval e a tradici\u00f3n oral dos veci\u00f1os para investigar a evoluci\u00f3n hist\u00f3rica de Os Conventos.<\/p>\n<p><strong><em>Un proxecto po\u00e9tico e comunitario<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Como parte do proxecto Adegas da Memoria, ademais das escavaci\u00f3ns en Os Conventos, promov\u00e9ronse estudos para a dataci\u00f3n dos socalcos e unha investigaci\u00f3n etnogr\u00e1fica da parroquia. Tam\u00e9n est\u00e1 previsto un estudo do conxunto de adegas tradicionais de Vilach\u00e1 de Salvadur.<\/p>\n<p>Todo est\u00e1 documentado a trav\u00e9s dunha webserie que se organiza en torno a catro tempadas, d\u00faas das cales xa est\u00e1n dispo\u00f1ibles na web adegasdamemoria.com. A serie caracter\u00edzase por un ton pausado e reflexivo, e unha est\u00e9tica moi coidada.<\/p>\n<p>\u201cAdegas da Memoria \u00e9 un proxecto que nace do amor \u00e1 paisaxe e inzado de poes\u00eda. Non \u00e9 doado que a poes\u00eda se instale na administraci\u00f3n. Esta nova campa\u00f1a \u00e9 unha proba de que poes\u00eda, comunidade e ciencia poden ir da man e facer un cami\u00f1o dende o m\u00e1is baixo ao m\u00e1is alto,\u201d comenta Xos\u00e9 Gago, coordinador do proxecto<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un equipo multidisciplinar realizar\u00e1 a partir da segunda quincena de xullo unha campa\u00f1a arqueol\u00f3xica no lugar de Os Conventos, en Vilach\u00e1 de Salvadur, A Pobra do Broll\u00f3n. Tr\u00e1tase da segunda escavaci\u00f3n neste lugar, trala primeira campa\u00f1a que realizouse con \u00e9xito na primavera de 2019. A intervenci\u00f3n est\u00e1 enmarcada no proxecto etnoarqueol\u00f3xico Adegas da Memoria, que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1697,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[849,850,847,848],"class_list":["post-1696","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral","tag-arqueoloxia","tag-escavacion","tag-os-conventos","tag-vilacha-de-salvadur"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1696","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1696"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1696\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3150,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1696\/revisions\/3150"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1697"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1696"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1696"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1696"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}