{"id":1658,"date":"2020-05-16T23:19:45","date_gmt":"2020-05-16T21:19:45","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/valdeiro-eu-fiquei\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:50","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:50","slug":"valdeiro-eu-fiquei","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/valdeiro-eu-fiquei\/","title":{"rendered":"&#8216;Valdeiro eu fiquei&#8217;"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"font-size:18px;\">No D\u00eda de Carvalho Calero<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size:18px;\"><strong>Por Xurxo Ay\u00e1n<\/strong><\/span><\/p>\n<p>Aquela noite de setembro de 1936, o kil\u00f3metro 52 da estrada vella de A Pobra do Broll\u00f3n a Quiroga converteuse no monte G\u00f3lgota, que en arameo significa \u201clugar da execuci\u00f3n\u201d. A\u00ed atoparon estrados os cad\u00e1veres de Odilo o carpinteiro, dun desco\u00f1ecido e de don Juan, mestre nacional de Vilach\u00e1. O funcionario que se personou no levantamento anotou na acta de defunci\u00f3n o elegante vestir do docente: camisa branca, garavata azul, pinzas brancas e vermellas, carp\u00edns grises, cinto claro e un pano no peto coas iniciais J. A., letras bordadas co agarimo dunha mai ou dunha namorada. Este crime, e outros centos coma este, foron ilustrados por Castelao na s\u00faa l\u00e1mina eterna \u201cA derradeira lecci\u00f3n do mestre\u201d.<\/p>\n<p>O feixismo tentou acabar con aquel profesorado que, dende os colexios, os institutos e as universidades cr\u00edan no poder redentor do saber e loitaban pola xustiza social a trav\u00e9s da socializaci\u00f3n do co\u00f1ecemento. Os e as que non remataron nunha cuneta foron enviados \u00e1 cadea e aos campos de redenci\u00f3n de penas para despois seren inhabilitados, obrigados a non exercer a s\u00faa profesi\u00f3n, o seu maxisterio, nos tempos miserentos da postguerra, nos anos da fame. Hai dous fil\u00f3logos, dous amantes da palabra, que resumen no seu devalar a vesania feixista: An\u00edbal Otero \u00c1lvarez (1911-1974) e Ricardo Carvalho Calero (1910-1990).<\/p>\n<p>A xesta de An\u00edbal foi maxistralmente analizada nunha biograf\u00eda marabillosa da mao do profesor Xes\u00fas Alonso Montero. An\u00edbal Otero era un estudante de filolox\u00eda, nado en Ribeira de Piqu\u00edn, que en Madrid entrou a formar parte do proxecto para a elaboraci\u00f3n do Atlas Ling\u00fc\u00edstico da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica no marco do Centro de Estudios Hist\u00f3ricos baixo o liderado de Ram\u00f3n Men\u00e9ndez Pidal. An\u00edbal fixo un excelente traballo percorrendo Galiza nos anos de preguerra coas s\u00faas fermosas enquisas, como a daquel paisano que diferencia os moros dos mouros, porque estes son os gardadores dos tesouros e os outros non, ou aquel ribeir\u00e1n que sinala a diferencia entre \u201cislas\u201d e \u201cillas\u201d: as islas son as que est\u00e1n lonxe e as illas as de cerca. En xullo de 1936 at\u00f3pase entrevistando a camponeses na rexi\u00f3n portuguesa do Minho e al\u00ed \u00e9 arrestado pola polic\u00eda lusa. O feito de levar un coche co escudo da Rep\u00fablica espa\u00f1ola xa infundiu sospeitas, pero o que lle complicou a vida de verdade foron os seus cadernos con signos estra\u00f1os, a xeito de linguaxe codificada. Non era outra cousa que a transcrici\u00f3n fon\u00e9tica das verbas recolleitas cun m\u00e9todo cient\u00edfico. Non hab\u00eda d\u00fabida. Era un esp\u00eda \u201croxo\u201d. Secuestrado e transferido en Tui aos militares sublevados, librou de milagre da pena de morte e foi condenado a catro anos de cadea, que pasou en San Sim\u00f3n e Figueirido, entre outros c\u00e1rceres. Mesmo nese contexto carcerario, as testemu\u00f1as lembran un An\u00edbal co seu caderno recollendo romances e verbas dos prisioneiros galegos, bercianos e asturianos. O mesmo far\u00eda pouco antes de morrer cando todo este pasado traum\u00e1tico se materializou nunha forte depresi\u00f3n que levou a internalo unha tempada nun sanatorio compostel\u00e1n. Mesmo al\u00ed, enfermi\u00f1o, segu\u00eda \u00e1 pescuda das verbas doutros compa\u00f1eiros da cl\u00ednica, co seu eterno caderno de notas. Este sabio ling\u00fcista, o mellor de Galicia durante d\u00e9cadas, viu truncada a s\u00faa carreira acad\u00e9mica polo feixismo e voltou \u00e1 s\u00faa aldea natal onde foi todo un \u201clabrego tel\u00farico\u201d que guindaba de cando en vez artigos cient\u00edficos aqu\u00ed e acol\u00e1. O primeiro tomo do Atlas, proxecto republicano apropiado polo franquismo, editouse a comezos dos anos 1960 coa senlleira aportaci\u00f3n dese fot\u00f3grafo cient\u00edfico da Galicia rural e mari\u00f1eira de preguerra que foi An\u00edbal Otero, o esp\u00eda da nosa lingua, da nosa identidade.<\/p>\n<p>E agora imos con Don Ricardo, compa\u00f1eiro de xeraci\u00f3n de An\u00edbal. Carvalho Calero contaba, entre outras, con d\u00faas virtudes: coma o mestre de Vilach\u00e1, ti\u00f1a e cultivaba unha proverbial elegancia natural, que o fac\u00eda fuxir de pol\u00e9micas enlamadas e, doutra volta, fixo gala dunha envex\u00e1bel coherencia ideol\u00f3xica. Sempre estivo onde consideraba que deb\u00eda estar e ese eido non era outro c\u00f3 nacionalismo galego. Estivo en todas as trincheiras, como l\u00edder estudiantil na FUE (Federaci\u00f3n Universitaria Escolar), como membro activo do Seminario de Estudos Galegos e como defensor en armas da Rep\u00fablica. A guerra civil sorpr\u00e9ndeo en Madrid cando estaba a preparar as famosas oposici\u00f3ns de 1936, \u00e1s mesmas \u00e1s que se presentou Josefina Prol, a mestra de Cereixa durante moitos anos. Ricardo \u00e9 un deses galegos (canteiros, obreiros, intelectuais, seitureiros) que ingresan nas milicias para defender a capital no outono do 36. A s\u00faa formaci\u00f3n \u00e9 valiosa e remata o conflito co grao de tenente no Ex\u00e9rcito Popular. Houbo de pagar o seu compromiso coa pena de morte, conmutada por anos de prisi\u00f3n e inhabilitaci\u00f3n para cargo p\u00fablico. A trauma da guerra foi tan grande que non foi quen de po\u00f1er por escrito a s\u00faa vivencia at\u00e9 1987, cando publicou a novela \u201cSc\u00f3rpio\u201d, galardoada con premio da Cr\u00edtica da narrativa galega. Finar\u00eda en 1990.<\/p>\n<p>Moitos mestres e mestras, profesores e profesoras republicanos subsistiron na Nueva Espa\u00f1a impartindo aulas de maneira case clandestina, en academias e institutos privados, ou po\u00f1endo escola na casa, como tal fac\u00eda don Esteban Qui\u00f1ones en Nogueiras. Ricardo nunca perdeu a decencia e mais o don da docencia, e recuperou o Don no colexio Fingoi de Lugo, un baluarte do galeguismo cultural dentro da muralla romana. As\u00ed e todo nos anos m\u00e1is duros teimou polo idioma, un xeito de \u201csignificarse\u201d que unicamente pod\u00eda traerlle m\u00e1is problemas. Outros en situaci\u00f3ns moito m\u00e1is c\u00f3modas fac\u00edan como quen oe chover. A s\u00faa novela \u201cXente da Barreira\u201d \u00e9 a primeira publicada en galego no franquismo (1951).<\/p>\n<p>Os aires liberalizadores que vi\u00f1eron canda os XXV Anos de Paz na d\u00e9cada de 1960 permitiron a rehabilitaci\u00f3n dos docentes represaliados. Pola s\u00faa vez, a Lei de Prensa abriu un novo campo de xogo para publicar nas linguas vern\u00e1culas. Tam\u00e9n foi decisiva a nova Lei de Educaci\u00f3n de 1970, a que creou o EXB e o actual grupo escolar da Pobra do Broll\u00f3n no Outeiro que todos co\u00f1ecemos. Este novo marco permit\u00eda a aprendizaxe nos ciclos escolares infant\u00eds do que chamaban \u201clenguas nativas\u201d. Todo este contexto \u00e9 o que explica, en parte, o prol\u00edfico labor de Carvalho Calero a prol da dignificaci\u00f3n do galego a trav\u00e9s da filolox\u00eda hist\u00f3rica, a ling\u00fc\u00edstica e a did\u00e1ctica da lingua.<\/p>\n<p>O meu mellor agasallo para este D\u00eda das Letras confinado \u00e9 a biblioteca de meu pai Xulio (1946-2014), fil\u00f3logo, profesor de literatura, de teatro e de galego. Tras ga\u00f1ar a praza foi profesor a mediados da d\u00e9cada de 1970 no Instituto Masculino de Lugo. Na s\u00faa formaci\u00f3n influ\u00edu moito a figura do seu compa\u00f1eiro de departamento, Xes\u00fas Alonso Montero. De todos os libros e folletos de pap\u00e1, traio aqu\u00ed d\u00faas pezas para ilustrar o alcance da investigaci\u00f3n desenvolta por Carvalho Calero. En decembro de 1971, organiz\u00e1base no Masculino de Lugo unha Exposici\u00f3n Did\u00e1ctica de Ling\u00fc\u00edstica Hisp\u00e1nica, algo totalmente innovador, da mao dun grupo de profesores e profesoras, encabezados por Alonso Montero e axudados por \u00c1nxel Fole. Os alumnos e alumnas de COU (tratados de Don e Dona) colaboraron nesta exhibici\u00f3n hist\u00f3rica na que se amosaba a realidade multicultural da pen\u00ednsula ib\u00e9rica. O visitante descubr\u00eda a tradici\u00f3n literaria do moz\u00e1rabe, do aran\u00e9s, do aragon\u00e9s, descubr\u00eda a existenza dun m\u00e9todo radiof\u00f3nico para aprender euskera e, por suposto, acced\u00eda \u00e1 historia literaria do galego. Compart\u00edan protagonismo traballos de investigaci\u00f3n sobre o galego de Luis Luciano Bonaparte (sobri\u00f1o de Napole\u00f3n), do nazi Kr\u00fcger e dos represaliados An\u00edbal Otero e Carballo Calero.\u00a0<\/p>\n<p><a href=\"\/en\/sites\/default\/files\/u57\/Masculino%203%20copia.jpg\/\" target=\"_blank\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"800\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/Masculino%203%20copia.jpg\" width=\"800\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"\/en\/sites\/default\/files\/u57\/Masculino%202.jpg\/\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"611\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/Masculino%202.jpg\" width=\"800\" \/><\/a><\/p>\n<p>Doutra volta, inclu\u00eda d\u00faas enquisas entre os estudantes, un cuestionario que a\u00ednda se fai hoxend\u00eda: \u00bfcais son as verbas m\u00e1is fermosas ou suxestivas da lingua galega? Sa\u00edron elixidas morri\u00f1a, xeitoso, saudade, enxebre, volvoreta, meiga, agarimo, anduri\u00f1a e mui\u00f1eira. Xa vedes, todos eles nomes de portais en edificios de vivendas de calquer urbe galega, con veci\u00f1os que non falan o galego nin tolos. E, \u00bfcu\u00e1les son las palabras m\u00e1s hermosas o sugestivas de la lengua castellana? Neste caso trunfaron as seguintes (atenci\u00f3n \u00e1 \u00faltima): amor, libertad, paz, amistad, justicia, felicidad, casa, nostalgia, mariposa y aprobado.<\/p>\n<p>Esta exposici\u00f3n alicerzouse na monumental investigaci\u00f3n desenvolta por Carvalho Calero nesa d\u00e9cada de 1960 co gallo de fornecer ao idioma ferramentas b\u00e1sicas coma un manual de literatura contempor\u00e1nea ou unha gram\u00e1tica: \u201cGram\u00e1tica Elemental del Gallego Com\u00fan\u201d (Galaxia, 1966). O meu pai gardaba como ouro en pano a segunda edici\u00f3n (1968) deste libro. El estaba daquela estudando os \u00faltimos anos de Rom\u00e1nicas en Barcelona. Emigrara a Catalunya canda os pais cando ti\u00f1a nove anos. Cada verao voltaba a Chavaga, onde retomaba o idioma e o mundo rural da s\u00faa infancia. O marabilloso dos libros da s\u00faa biblioteca \u00e9 que me permiten facer cronoestratigraf\u00edas, grazas aos recordos que se atopan entre as p\u00e1xinas. Neste exemplar da gram\u00e1tica de Calero atopamos unha estampa do Ano Campostelano de 1970 (foi xacobeo) e unha folla manuscrita coa letra de Xulio. Daquela meu pai ti\u00f1a 24 anos. Nese folio de caderno, cadriculado, pap\u00e1 copiou a letra de d\u00faas canci\u00f3ns: \u201cO Tren\u201d e \u201cMi\u00f1a Maruxa\u201d. Foran compostas por Andr\u00e9s do Barro quen nese mesmo ano acadou a sona co seu \u00e1lbume \u201cO tren\u201d (1969). Foi a primeira vez que un tema en galego encabezaba en Espa\u00f1a as listas de \u00e9xitos.<\/p>\n<p><a href=\"\/en\/sites\/default\/files\/u57\/Masculino%205%20copia.jpg\/\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"1039\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/Masculino%205%20copia.jpg\" width=\"800\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"\/en\/sites\/default\/files\/u57\/Masculino%206%20copia.jpg\/\" target=\"_blank\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"928\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/Masculino%206%20copia.jpg\" width=\"800\" \/><\/a><\/p>\n<p>Aquel estudante de Rom\u00e1nicas, nado na casa da Habanera en R\u00edos, Chavaga, non s\u00f3 amaba a palabra, tam\u00e9n ti\u00f1a unha namorada en Cereixa, unha rapaza loira, a Maruxa da canci\u00f3n de Andr\u00e9s do Barro. O amor, o pop e a ling\u00fc\u00edstica foron o cerne, o s\u00e1mago e a cortiza da revalorizaci\u00f3n do galego. Na primeira estrofa de Mi\u00f1a Maruxa: \u201cCando ti me deixaches\/o meu cor deprendeu a morir\/valdeiro eu fiquei por tantas cousas\/ que na vida che din\u201d, a rente da verba \u201cfiquei\u201d, Xulio, con vontade filol\u00f3xica e moito amor, apuntou que fiquei significaba \u201cqued\u00e9 vac\u00edo\u201d.<\/p>\n<p><em>Xa o ves estou morrendo de amor,<\/em><\/p>\n<p><em>non podo vivir sin ti.<\/em><\/p>\n<p><em>Xa o ves eu te\u00f1o so\u00f1o meu ben\u00a0<\/em><\/p>\n<p><em>que un dia ti voltes, ti voltes a min.<\/em><\/p>\n<p>Naqueles tempos de mocedade, o amor polo galego de meu pai pasaba por Elo\u00edna, pola festiva m\u00fasica popular de Andr\u00e9s do Barro e pola sesuda gram\u00e1tica de Carvalho Calero.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No D\u00eda de Carvalho Calero Por Xurxo Ay\u00e1n Aquela noite de setembro de 1936, o kil\u00f3metro 52 da estrada vella de A Pobra do Broll\u00f3n a Quiroga converteuse no monte G\u00f3lgota, que en arameo significa \u201clugar da execuci\u00f3n\u201d. A\u00ed atoparon estrados os cad\u00e1veres de Odilo o carpinteiro, dun desco\u00f1ecido e de don Juan, mestre nacional [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1659,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[814,827,828,826,824,825],"class_list":["post-1658","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral","tag-dia-das-letras-galegas","tag-memoria-historica","tag-nacionalismo","tag-represion-franquista","tag-ricardo-carvalho-calero","tag-xurxo-ayan"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1658","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1658"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1658\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3131,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1658\/revisions\/3131"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1659"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1658"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1658"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1658"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}