{"id":1640,"date":"2020-04-28T11:25:53","date_gmt":"2020-04-28T09:25:53","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/comparece-o-alcalde-para-informar-das-medidas-municipais-fronte-ao-covid-19\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:49","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:49","slug":"comparece-o-alcalde-para-informar-das-medidas-municipais-fronte-ao-covid-19","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/comparece-o-alcalde-para-informar-das-medidas-municipais-fronte-ao-covid-19\/","title":{"rendered":"Comparece o alcalde para informar das medidas municipais fronte ao COVID-19"},"content":{"rendered":"<p>Nun v\u00eddeo publicado hoxe nas redes sociais do Concello da Pobra do Broll\u00f3n, o noso alcalde Xos\u00e9 Lois Maceda comparece para po\u00f1ernos ao d\u00eda da situaci\u00f3n actual do concello con respecto ao coronavirus e informar das medidas que se est\u00e1n a tomar.<\/p>\n<p>O reparto de m\u00e1scaras entre a poboaci\u00f3n centra gran parte do v\u00eddeo. O alcalde comeza por\u00a0explicar as raz\u00f3ns polas que se est\u00e1n a <strong>entregar m\u00e1scaras \u00e1s persoas en grupos de maior exposici\u00f3n,<\/strong> \u201cque est\u00e1n obrigadas neste momento a ter un contacto social importante\u201d.<\/p>\n<p>Declara que o reparto masivo de m\u00e1scaras chegar\u00e1 \u201ccando chegue a fase de desconfinamento e polo tanto cando sexa necesario o uso de m\u00e1scaras por parte de todos os cidad\u00e1ns\u201d. Lembra que de momento as medidas m\u00e1is eficaces actualmente para loitar fronte ao virus son as de distanciamento social e medidas de hixiene como o lavado de mans.<\/p>\n<p>Maceda insiste en que <strong>o illamento \u00e9 a mellor prevenci\u00f3n para as persoas en grupos de risco<\/strong> \u2013 maiores de 65 anos ou con patolox\u00edas previas. Recorda que no Concello hai un servizo de reparto a domicilio de alimentos e medicinas polo que \u201cnon te\u00f1en por que sa\u00edr e expo\u00f1erse ao contaxio na r\u00faa\u201d.<\/p>\n<p>Nesta li\u00f1a, o alcalde tam\u00e9n comenta no v\u00eddeo publicado hoxe que a maior\u00eda das m\u00e1scaras que se reparten entre a poboaci\u00f3n xeral\u00a0serven para non contaxiar pero non protexen do contaxio \u00e1 persoa que a leva.<\/p>\n<p>Por outra banda, <strong>aos nenos e nenas que vivan no concello estase a repartir m\u00e1scaras<\/strong> \u201cporque posiblemente non sexan tan coidadosos en canto \u00e1 distancia de seguridade\u201d e tam\u00e9n como unha estratexia pedag\u00f3xica para que se acostumen a levar m\u00e1scaras e aprendan a usalas correctamente.\u00a0<\/p>\n<p>Entre outras medidas en marcha que comenta o alcalde no v\u00eddeo, est\u00e1n <strong>a desinfecci\u00f3n en lugares onde se concentran m\u00e1is persoas,<\/strong> o <strong>reparto a domicilio de produtos de primeira necesidade<\/strong> e a <strong>difusi\u00f3n de campa\u00f1as de prevenci\u00f3n<\/strong> do coronavirus procedentes de fontes oficiais.<\/p>\n<p>Maceda remata o v\u00eddeo agradecendo aos doantes de m\u00e1scaras e \u00e1s voluntarias que se ofreceron para axudar na confecci\u00f3n e montaxe das m\u00e1scaras, as\u00ed como a todos os veci\u00f1os e veci\u00f1as pola responsabilidade que amosan no seguimento das medidas e normas que indican as autoridades.<\/p>\n<p><iframe allow=\"accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture\" allowfullscreen=\"\" frameborder=\"0\" height=\"315\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/dCN6aPTM3GI\" width=\"560\"><\/iframe><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nun v\u00eddeo publicado hoxe nas redes sociais do Concello da Pobra do Broll\u00f3n, o noso alcalde Xos\u00e9 Lois Maceda comparece para po\u00f1ernos ao d\u00eda da situaci\u00f3n actual do concello con respecto ao coronavirus e informar das medidas que se est\u00e1n a tomar. O reparto de m\u00e1scaras entre a poboaci\u00f3n centra gran parte do v\u00eddeo. O [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1641,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[797,798],"class_list":["post-1640","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral","tag-coronavirus","tag-covid-19"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1640","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1640"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1640\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3122,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1640\/revisions\/3122"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1641"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1640"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1640"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1640"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}