{"id":1624,"date":"2020-03-30T17:33:44","date_gmt":"2020-03-30T15:33:44","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/como-nos-afecta-a-paralizacion-da-actividade-economica-non-esencial-decretada-polo-goberno-estatal\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:48","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:48","slug":"como-nos-afecta-a-paralizacion-da-actividade-economica-non-esencial-decretada-polo-goberno-estatal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/como-nos-afecta-a-paralizacion-da-actividade-economica-non-esencial-decretada-polo-goberno-estatal\/","title":{"rendered":"Como nos afecta a paralizaci\u00f3n da actividade econ\u00f3mica non esencial decretada polo Goberno estatal"},"content":{"rendered":"<p>O Goberno de Espa\u00f1a v\u00e9n de publicar no BOE (Bolet\u00edn Oficial do Estado) o Real Decreto-Lei que regula a paralizaci\u00f3n de toda actividade laboral presencial \u201cnon esencial\u201d. Podes consultar o <u><a href=\"https:\/\/boe.es\/boe\/dias\/2020\/03\/29\/pdfs\/BOE-A-2020-4166.pdf\" target=\"_blank\">texto completo aqu\u00ed (PDF)<\/a><\/u>. parque-<\/p>\n<p>As medidas xa est\u00e1n implantadas ata o 9 de abril co obxectivo de que as persoas se queden en casa e reduzan a s\u00faa mobilidade para evitar contaxios do coronavirus.<\/p>\n<p>Para todas as persoas afectadas pola paralizaci\u00f3n da actividade aplicarase un \u201cpermiso retribu\u00eddo recuperable\u201d: as empresas abonar\u00e1n os salarios con normalidade, e as horas non traballadas acumularanse e recuperanse unha vez acabado o confinamento ata o 31 de decembro deste ano.\u00a0<\/p>\n<p>Este permiso non se aplicar\u00e1\u00a0para quen xa estea teletraballando nin para o persoal que xa estea suxeito a un ERTE ou de baixa.\u00a0<\/p>\n<p>Entre as actividades consideradas esenciais incl\u00faense as que abastecen e producen bens e servizos de primeira necesidade como alimentos, produtos hixi\u00e9nicos e sanitarios ou medicamentos;\u00a0os centros e servizos que atendan a maiores; os bancos ou os servizos de limpeza.<\/p>\n<p>A lista completa de actividades definidas polo Goberno estatal como esenciais \u00e9 a seguinte:<\/p>\n<p>1. As que realicen as actividades que deban continuar desenvolv\u00e9ndose\u00a0<a href=\"https:\/\/www.boe.es\/buscar\/act.php?id=BOE-A-2020-3692&#038;p=20200328&#038;tn=1#a1-2\">ao amparo dos artigos 10.1, 10.4, 14.4, 16, 17 e 18, do Real Decreto 463\/2020, de 14 de marzo<\/a>, polo que se declara o estado de alarma para a xesti\u00f3n da situaci\u00f3n de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e da normativa aprobada pola Autoridade Competente e as Autoridades Competentes Delegadas.<\/p>\n<p>2.\u00a0As que traballan nas actividades que participan na cadea de abastecemento do mercado e no funcionamento dos servizos dos centros de produci\u00f3n de bens e servizos de primeira necesidade, inclu\u00edndo alimentos, bebidas, alimentaci\u00f3n animal, produtos hixi\u00e9nicos, medicamentos, produtos sanitarios ou calquera produto necesario para a protecci\u00f3n da sa\u00fade, permitindo a distribuci\u00f3n dos mesmos desde a orixe ata o destino final.<\/p>\n<p>3.\u00a0As que prestan servizos nas actividades de hostalar\u00eda e restauraci\u00f3n que prestan servizos de entrega a domicilio.<\/p>\n<p>4.\u00a0As que prestan servizos na cadea de produci\u00f3n e distribuci\u00f3n de bens, servizos, tecnolox\u00eda sanitaria, material m\u00e9dico, equipos de protecci\u00f3n, equipamento sanitario e hospitalario e calquera outros materiais necesarios para a prestaci\u00f3n de servizos sanitarios.<\/p>\n<p>5. Aquelas imprescindibles para o mantemento das actividades produtivas da industria manufactureira que ofrecen as subministraci\u00f3ns, equipos e materiais necesarios para o correcto desenvolvemento das actividades esenciais recollidas.<\/p>\n<p><strong>6<\/strong>. As que realizan os servizos de transporte, tanto de persoas como de mercador\u00edas, que se contin\u00faen desenvolvendo desde a declaraci\u00f3n do estado de alarma, as\u00ed como daquelas que deban asegurar o mantemento dos medios empregados para iso, ao amparo da normativa aprobada pola autoridade competente e as autoridades competentes delegadas desde a declaraci\u00f3n do estado de alarma.<\/p>\n<p><strong>7<\/strong>. As que prestan servizos en Instituci\u00f3ns Penitenciarias, de protecci\u00f3n civil, salvamento mar\u00edtimo, salvamento e prevenci\u00f3n e extinci\u00f3n de incendios, seguridade das minas, e de tr\u00e1fico e seguridade viaria. As\u00ed mesmo, as que traballan nas empresas de seguridade privada que prestan servizos de transporte de seguridade, de resposta ante alarmas, de rolda ou vixilancia descontinua, e aqueles que resulte preciso utilizar para o desempe\u00f1o de servizos de seguridade en garant\u00eda dos servizos esenciais e o abastecemento \u00e1 poboaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>8.<\/strong>\u00a0As indispensables que apoian o mantemento do material e equipos das forzas armadas.<\/p>\n<p><strong>9.<\/strong>\u00a0As dos centros, servizos e establecementos sanitarios, as\u00ed como \u00e1s persoas que (i) atendan maiores, menores, persoas dependentes ou persoas con discapacidade, e as persoas que traballen en empresas, centros de I+D+I e biotecnol\u00f3xicos vinculados \u00e1 COVID-19, (ii) os animalarios a eles asociados, (iii) o mantemento dos servizos m\u00ednimos das instalaci\u00f3ns a eles asociados e as empresas subministradoras de produtos necesarios para a devandita investigaci\u00f3n, e (iv) as persoas que traballan en servizos funerarios e outras actividades conexas.<\/p>\n<p><strong>10.<\/strong>\u00a0As dos centros, servizos e establecementos de atenci\u00f3n sanitaria a animais.<\/p>\n<p><strong>11.<\/strong>\u00a0As que prestan servizos en puntos de venda de prensa e en medios de comunicaci\u00f3n ou axencias de noticias de titularidade p\u00fablica e privada, as\u00ed como na s\u00faa impresi\u00f3n ou distribuci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>12.<\/strong>\u00a0As de empresas de servizos financeiros, inclu\u00eddos os bancarios, de seguros e de investimento, para a prestaci\u00f3n dos servizos que sexan indispensables, e as actividades propias das infraestruturas de pagos e dos mercados financeiros.<\/p>\n<p><strong>13.<\/strong>\u00a0As de empresas de telecomunicaci\u00f3ns e audiovisuais e de servizos inform\u00e1ticos esenciais, as\u00ed como aquelas redes e instalaci\u00f3ns que os soportan e os sectores ou subsectores necesarios para o seu correcto funcionamento, especialmente aqueles que resulten imprescindibles para a adecuada prestaci\u00f3n dos servizos p\u00fablicos, as\u00ed como o funcionamento do traballo non presencial dos empregados p\u00fablicos.<\/p>\n<p><strong>14.<\/strong>\u00a0As que prestan servizos relacionados coa protecci\u00f3n e atenci\u00f3n de v\u00edtimas de violencia de x\u00e9nero.<\/p>\n<p><strong>15.<\/strong>\u00a0As que traballan como avogados, procuradores, graduados sociais, tradutores, int\u00e9rpretes e psic\u00f3logos e que asistan \u00e1s actuaci\u00f3ns procesuais non suspendidas polo Real Decreto 463\/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xesti\u00f3n da situaci\u00f3n de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e, desta maneira, cumpran cos servizos esenciais fixados consensuadamente polo Ministerio de Xustiza, Consello Xeral do Poder Xudicial, a Fiscal\u00eda Xeral do Estado e as Comunidades Aut\u00f3nomas con competencias na materia e plasmados na Resoluci\u00f3n do Secretario de Estado de Xustiza de data 14 de marzo de 2020, e as adaptaci\u00f3ns que no seu caso poidan acordarse.<\/p>\n<p><strong>16<\/strong>. As que prestan servizos en despachos e asesor\u00edas legais, xestor\u00edas administrativas e de graduados sociais, e servizos alleos e propios de prevenci\u00f3n de riscos laborais, en cuesti\u00f3ns urxentes.<\/p>\n<p><strong>17.<\/strong>\u00a0As que prestan servizos en notar\u00edalas e rexistros para o cumprimento dos servizos esenciais fixados pola Direcci\u00f3n Xeral de Seguridade Xur\u00eddica e Fe P\u00fablica.<\/p>\n<p><strong>18.<\/strong>\u00a0As que presten servizos de limpeza, mantemento, reparaci\u00f3n de avar\u00edas urxentes e vixilancia, as\u00ed como que presten servizos en materia de recollida, xesti\u00f3n e tratamento de residuos perigosos, as\u00ed como de residuos s\u00f3lidos urbanos, perigosos e non perigosos, recollida e tratamento de augas residuais, actividades de descontaminaci\u00f3n e outros servizos de xesti\u00f3n de residuos e transporte e retirada de subprodutos ou en calquera das entidades pertencentes ao Sector P\u00fablico, de conformidade co establecido no artigo 3 da Lei 9\/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector P\u00fablico.<\/p>\n<p><strong>19.<\/strong>\u00a0As que traballen nos Centros de Acollida a Refuxiados e nos Centros de Estancia Temporal de Inmigrantes e \u00e1s entidades p\u00fablicas de xesti\u00f3n privada subvencionadas pola Secretar\u00eda de Estado de Migraci\u00f3ns e que operan no marco da Protecci\u00f3n Internacional e da Atenci\u00f3n Humanitaria.<\/p>\n<p><strong>20<\/strong>. As que traballan en actividades de abastecemento, depuraci\u00f3n, conduci\u00f3n, potabilizaci\u00f3n e saneamento de auga.<\/p>\n<p><strong>21.<\/strong>\u00a0As que sexan indispensables para a provisi\u00f3n de servizos meteorol\u00f3xicos de predici\u00f3n e observaci\u00f3n e os procesos asociados de mantemento, vixilancia e control de procesos operativos.<\/p>\n<p><strong>22.<\/strong>\u00a0As do operador designado polo Estado para prestar o servizo postal universal, co fin de prestar os servizos de recollida, admisi\u00f3n, transporte, clasificaci\u00f3n, distribuci\u00f3n e entrega aos exclusivos efectos de garantir o devandito servizo postal universal.<\/p>\n<p><strong>23.<\/strong>\u00a0As que prestan servizos naqueles sectores ou subsectores que participan na importaci\u00f3n e subministraci\u00f3n de material sanitario, como as empresas de lox\u00edstica, transporte, almacenaxe, tr\u00e1nsito aduaneiro (transitarios) e, en xeral, todas aquelas que participan nos corredores sanitarios.<\/p>\n<p><strong>24<\/strong>. As que traballan na distribuci\u00f3n e entrega de produtos adquiridos no comercio por internet, telef\u00f3nico ou correspondencia.<\/p>\n<p><strong>25<\/strong>. Calquera outras que presten servizos que fosen considerados esenciais.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Goberno de Espa\u00f1a v\u00e9n de publicar no BOE (Bolet\u00edn Oficial do Estado) o Real Decreto-Lei que regula a paralizaci\u00f3n de toda actividade laboral presencial \u201cnon esencial\u201d. Podes consultar o texto completo aqu\u00ed (PDF). parque- As medidas xa est\u00e1n implantadas ata o 9 de abril co obxectivo de que as persoas se queden en casa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1625,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[797,798],"class_list":["post-1624","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral","tag-coronavirus","tag-covid-19"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1624","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1624"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1624\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3114,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1624\/revisions\/3114"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1625"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1624"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1624"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1624"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}