{"id":1612,"date":"2020-03-17T10:02:08","date_gmt":"2020-03-17T09:02:08","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/o-concello-da-pobra-do-brollon-reunese-con-servizos-sociais-e-anuncia-novas-medidas-para-afrontar-o-coronavirus\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:48","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:48","slug":"o-concello-da-pobra-do-brollon-reunese-con-servizos-sociais-e-anuncia-novas-medidas-para-afrontar-o-coronavirus","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/o-concello-da-pobra-do-brollon-reunese-con-servizos-sociais-e-anuncia-novas-medidas-para-afrontar-o-coronavirus\/","title":{"rendered":"O Concello da Pobra do Broll\u00f3n re\u00fanese con servizos sociais e anuncia novas medidas para afrontar o coronavirus"},"content":{"rendered":"<p>O goberno da Pobra do Broll\u00f3n reuniuse onte luns con traballadores de Servizos Sociais e da administraci\u00f3n municipais e cun representante sindical pola CIG para establecer novas medidas coas que afrontar a crise sanitaria xerada por mor do coronavirus.\u00a0<\/p>\n<p>Debido \u00e1 situaci\u00f3n de emerxencia sanitaria, susp\u00e9ndese a maior\u00eda da actividade do Concello. A meirande parte dos esforzos centrarase nos Servizos Sociais mentres dure a crise.<\/p>\n<p>\u2018A nosa prioridade absoluta \u00e9 a sa\u00fade p\u00fablica. Durante o tempo que dure esta crise, imos po\u00f1er todos os nosos esforzos en colaborar para frear a curva de contaxio do coronavirus. <strong>Debemos actuar todos e todas como unha gran comunidade<\/strong>\u2019 declarou o alcalde Xos\u00e9 Lois Maceda<\/p>\n<p><em>Os servizos sociais, \u00e1 disposici\u00f3n dos m\u00e1is necesitados<\/em><\/p>\n<p>Concretamente no que respecta aos Servizos Sociais municipais, mantense a atenci\u00f3n a domicilio completo dun 42% dos usuarios: os casos m\u00e1is graves de persoas moi dependentes ou sen apoio familiar. Un 24% dos usuarios seguir\u00e1 recibindo asistencia, pero con menos intensidade, e un 34% deixar\u00e1n de recibir asistencia ata que a crise sanitaria amaine.\u00a0<\/p>\n<p>A reduci\u00f3n de atenci\u00f3n ao domicilio faise para evitar no posible contaxios do virus. En todo caso, as catorce traballadoras que actualmente atenden a domicilio reforzar\u00e1n as medidas de hixiene cumprindo coas recomendaci\u00f3ns establecidas, entre elas, o uso de luvas e m\u00e1scaras.\u00a0<\/p>\n<p><strong>En canto a atenci\u00f3n presencial nas oficinas de Servizos Sociais, esta debe realizarse s\u00f3 nos casos m\u00e1is urxentes<\/strong>, en horario de 9:00 a 14:00.\u00a0Para o resto de consultas, pr\u00e9gase que se contacte por tel\u00e9fono (982 430 447) ou por email. Dende Servizos Sociais recordan en que todos os tr\u00e1mites administrativos est\u00e1n paralizados. O persoal de oficina far\u00e1 quendas de traballo, seguindo as recomendaci\u00f3ns xerais de evitar espazos compartidos f\u00f3ra da casa.<\/p>\n<p><em>Entrega a domicilio para as persoas m\u00e1is vulnerables<\/em><\/p>\n<p>Asemade, o Concello lanza a consigna de evitar que as persoas en grupos de risco saian da casa. Nesta li\u00f1a, ponse a disposici\u00f3n destas persoas <strong>un servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade<\/strong> \u2013 alimentos e medicamentos \u2013 en colaboraci\u00f3n cos negocios locais: as farmacias Cristina Touza e Mercedes Pardo, e as tendas de alimentaci\u00f3n Ana, Roelma e Pepita da Estaci\u00f3n. Para usar este servizo, as persoas interesadas deben chamar\u00a0ao tel\u00e9feno 650 624 828. Os pedidos atenderanse a calquera hora do d\u00eda, pero as entregas\u00a0realizaranse en horario de 11:00 a 15:00, salvo en casos de emerxencia xustificada.\u00a0<\/p>\n<p><em>Precauci\u00f3n m\u00e1xima nas oficinas municipais<\/em><\/p>\n<p>Entre os traballadores das oficinas municipais tam\u00e9n se fomentar\u00e1 o teletraballo. Como xa anunciou o goberno municipal a semana pasada, os servizos municipais de xesti\u00f3n catastral e atenci\u00f3n ao p\u00fablico do arquitecto municipal est\u00e1n suspendidos. <strong>A atenci\u00f3n ao p\u00fablico mantense no horario habitual, de 9:00 a 14:00<\/strong>, a\u00ednda que os cidad\u00e1ns que acudan deben manter unha distancia m\u00ednima ao posto de traballo de 1,5 metros, e evitar tocar as mesas e mostradores das oficinas.\u00a0<\/p>\n<p>En todo caso, pr\u00e9gase que dentro do posible se intente facer as xesti\u00f3ns v\u00eda telef\u00f3nica (982 430 001), email (<a href=\"mailto:urbanismo@concellodapobradobrollon.gal\">urbanismo@concellodapobradobrollon.gal<\/a>) ou na Sede Electr\u00f3nica do Concello (<a href=\"https:\/\/concelloapobradobrollon.sedelectronica.es\/info.0\">https:\/\/concelloapobradobrollon.sedelectronica.es\/info.0<\/a>).<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O goberno da Pobra do Broll\u00f3n reuniuse onte luns con traballadores de Servizos Sociais e da administraci\u00f3n municipais e cun representante sindical pola CIG para establecer novas medidas coas que afrontar a crise sanitaria xerada por mor do coronavirus.\u00a0 Debido \u00e1 situaci\u00f3n de emerxencia sanitaria, susp\u00e9ndese a maior\u00eda da actividade do Concello. A meirande parte [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1613,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[797,798,702],"class_list":["post-1612","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral","tag-coronavirus","tag-covid-19","tag-servizos-sociais"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1612","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1612"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1612\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3108,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1612\/revisions\/3108"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1613"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1612"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1612"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1612"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}