{"id":1610,"date":"2020-03-16T10:28:50","date_gmt":"2020-03-16T09:28:50","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/a-xunta-concreta-e-amplia-as-medidas-de-prevencion-para-conter-o-contaxio-do-coronavirus\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:48","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:48","slug":"a-xunta-concreta-e-amplia-as-medidas-de-prevencion-para-conter-o-contaxio-do-coronavirus","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/a-xunta-concreta-e-amplia-as-medidas-de-prevencion-para-conter-o-contaxio-do-coronavirus\/","title":{"rendered":"A Xunta concreta e ampl\u00eda as medidas de prevenci\u00f3n para conter o contaxio do coronavirus"},"content":{"rendered":"<p>O domingo public\u00e1ronse novas medidas para conter o contaxio do coronavirus covid-19 e que xa est\u00e1n en vigor. <u><a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2020\/20200315\/AnuncioG0244-150320-1_gl.html\" target=\"_blank\">Podes consultar o texto completo no DOG<\/a><\/u>. Aqu\u00ed resumimos as medidas que m\u00e1is poden afectar \u00e1 nosa veci\u00f1anza.<\/p>\n<p>Estas medidas s\u00famanse \u00e1s publicadas o venres trala <u><a href=\"http:\/\/www.concellodapobradobrollon.gal\/gl\/nova\/como-nos-afecta-situaci\u00f3n-de-emerxencia-sanitaria-declarada-pola-xunta\" target=\"_blank\">declaraci\u00f3n da situaci\u00f3n de emerxencia sanitaria en Galicia<\/a><\/u>\u00a0e as medidas resultantes do <u><a href=\"http:\/\/www.concellodapobradobrollon.gal\/gl\/nova\/como-nos-atinxe-o-estado-de-alarma-decretado-polo-goberno-central\" target=\"_blank\">estado de alerta decretado polo Goberno central<\/a><\/u> o s\u00e1bado.<\/p>\n<p>As\u00a0<strong>visitas aos centros residenciais\u00a0<\/strong>de servizos sociais (como, por exemplo, residencias de persoas maiores ou con discapacidade) quedan restrinxidas ag\u00e1s en casos excepcionais debidamente autorizados pola direcci\u00f3n do centro.<\/p>\n<p>En relaci\u00f3n coa\u00a0<strong>suspensi\u00f3n da actividade comercial<\/strong>, incl\u00faense dentro das <strong>excepci\u00f3ns<\/strong> as actividades e establecementos correspondentes a bens de primeira necesidade: \u00f3pticas; a actividade das lonxas; e comercio ao retallo de ferraxer\u00eda, pintura e vidro en establecementos especializados, en tanto que se trata de actividades que deben subministrar ao sector primario, gandeiro, pesqueiro e agr\u00edcola elementos necesarios para a continuaci\u00f3n da s\u00faa actividade.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, o documento precisa que todos<strong> os establecementos comerciais de primeira necesidade ter\u00e1n liberdade horaria<\/strong>, para fixar sen limitaci\u00f3ns o peche e a apertura dos seus establecementos comerciais.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, susp\u00e9ndense as actividades econ\u00f3micas correspondentes a academias, autoescolas e perruquer\u00edas, con excepci\u00f3n da prestaci\u00f3n a domicilio, desta \u00faltimas, para garantir o servizo. E poder\u00e1 seguir realiz\u00e1ndose o labor dos gabinetes de psicolox\u00eda e pedagox\u00eda.<\/p>\n<p>Ante as consultas formuladas, o texto aclara tam\u00e9n que\u00a0<strong>poden permanecer abertas, por exemplo: actividades sanitarias e de servizos sociais\u00a0<\/strong>-entre elas, actividades hospitalarias, m\u00e9dicas e odontol\u00f3xicas, asistencia en establecementos residenciais-; actividades financeiras e de seguros; actividades profesionais, cient\u00edficas e t\u00e9cnicas; actividades administrativas e servizos auxiliares; asistencia en establecementos residenciais con coidados sanitarios; actividades de servizos sociais sen aloxamento; reparaci\u00f3n de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso dom\u00e9stico; lavado e limpeza de prendas t\u00e9xtiles e de pel; pompas f\u00fanebres e actividades relacionadas; fisioterapeutas; e t\u00e9cnicos de reparaci\u00f3n e mantemento.<\/p>\n<p>Reforzaranse as medidas preventivas no centro de traballo sobre a hixiene individual e colectiva, limpeza e medidas de contacto pr\u00f3ximo e o reforzo da protecci\u00f3n das persoas especialmente sensibles.<\/p>\n<p>Sobre a permanencia nos establecementos comerciais cuxa apertura estea permitida, deber\u00e1 ser a estritamente necesaria para que os consumidores poidan realizar a adquisici\u00f3n de alimentos e produtos de primeira necesidade, quedando suspendida a posibilidade de consumo de produtos nos propios establecementos. En todo caso,\u00a0<strong>evitaranse aglomeraci\u00f3ns\u00a0<\/strong>e controlarase que consumidores e empregados mante\u00f1an\u00a0<strong>a distancia de seguridade de, polo menos, un metro\u00a0<\/strong>a fin de evitar posibles contaxios. Os encargados dos establecementos e persoal de seguridade ser\u00e1n os directamente responsables de facer cumprir estas medidas.<\/p>\n<p>No \u00e1mbito do servizo p\u00fablico de emprego de Galicia, e en coordinaci\u00f3n co Servicio P\u00fablico de Emprego Estatal (SEPE), ad\u00f3ptanse as seguintes medidas:\u00a0<strong>non ser\u00e1 necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril<\/strong>. Se se te\u00f1en que realizar tr\u00e1mites urxentes na demanda, poder\u00e1n facerse a trav\u00e9s da oficina virtual ou chamando \u00e1 correspondente oficina de emprego e quedan suspendidas as citas.<\/p>\n<p><strong>Susp\u00e9ndese a realizaci\u00f3n de queimas nos terreos r\u00fasticos<\/strong>, quedando sen efecto as autorizaci\u00f3ns e comunicaci\u00f3ns de queimas xa notificadas ou efectuadas. E tam\u00e9n estar\u00e1n permitidos os servizos que ofrecen os veterinarios.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O domingo public\u00e1ronse novas medidas para conter o contaxio do coronavirus covid-19 e que xa est\u00e1n en vigor. Podes consultar o texto completo no DOG. Aqu\u00ed resumimos as medidas que m\u00e1is poden afectar \u00e1 nosa veci\u00f1anza. Estas medidas s\u00famanse \u00e1s publicadas o venres trala declaraci\u00f3n da situaci\u00f3n de emerxencia sanitaria en Galicia\u00a0e as medidas resultantes [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1611,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[797,798],"class_list":["post-1610","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral","tag-coronavirus","tag-covid-19"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1610","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1610"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1610\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3107,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1610\/revisions\/3107"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1611"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1610"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1610"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1610"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}