{"id":1586,"date":"2020-02-12T21:01:24","date_gmt":"2020-02-12T20:01:24","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/recordamos-os-compadres-e-comadres-tradicionais-con-clarita-de-basco\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:47","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:47","slug":"recordamos-os-compadres-e-comadres-tradicionais-con-clarita-de-basco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/recordamos-os-compadres-e-comadres-tradicionais-con-clarita-de-basco\/","title":{"rendered":"Recordamos os compadres e comadres tradicionais con Clarita de Basco"},"content":{"rendered":"\n<p>Este xoves, repartidos por diferentes puntos do concello, poderemos admirar os Compadres. Actualmente, a maior\u00eda fanse a tama\u00f1o case natural, con roupa vella e recheos de papel. Para as caras, fotos de homes \u2013 ou de mulleres no caso das Comadres \u2013 da parroquia, asociaci\u00f3n ou organizaci\u00f3n (o Centro de D\u00eda, o colexio&#8230;) onde se fixeron. Normalmente, representan algunha acci\u00f3n ou escena, e acompa\u00f1ados de carteis escritos, poden facer algunha cr\u00edtica ou comentario social.<\/p>\n<p>Por\u00e9n, tradicionalmente, os compadres e comadres eran distintos. Para recordalos falamos con <strong>Clarita de Basco<\/strong>, natural de Salcedo, parroquia de entroideiros por excelencia. \u2018Na nosa casa eramos sempre moi de carnaval&#8230; E a mi\u00f1a avoa era terrible&#8230; terrible! <em>Eiqu\u00ed<\/em> todos.\u2019<\/p>\n<p>Clarita leva facendo estas figuras ao xeito tradicional dende sempre, e seguiu mentres o seu neto era pequeno, elaborando as comadres coas que ano tras ano ga\u00f1aban o concurso do Xoves de Comadres en Monforte.<\/p>\n<p><figure class=\"image\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/Comadre-Clarita-vertical.jpg\" \/><br \/>\n<figcaption>Clarita de Basco cunha comadre ao estilo tradicional feita por ela hai anos<\/figcaption><br \/>\n<\/figure><\/p>\n<p>Clarita c\u00f3ntanos que os compadres e comadres fac\u00edanse sobre unha cruz de madeira. Coa palla fac\u00edanse os brazos e as pernas. E con papel ench\u00edanse o peito, o cu e a barriga. Papel de xornais que coll\u00edan onde o cura e o mestre, \u201cque era onde estaban os peri\u00f3dicos\u201d, conta Clarita. E se non hab\u00eda papel, fac\u00edanse con palla toda, como antigamente.\u00a0<\/p>\n<p>Despois de ter o corpo, fac\u00edase a roupa con papeis, e un nabo ou unha remolacha para a cabeza, sobre a que se pintaba a cara. Nos compadres, recorda Clarita, \u2018cun carb\u00f3n de le\u00f1a, pint\u00e1base o bigote&#8230;<strong> Iso non pod\u00eda faltar&#8230; Un bo bigote!<\/strong>\u2019.<\/p>\n<p>As mozas e mulleres xunt\u00e1banse nas noites para elaborar as figuras e despois, o Xoves de Compadres, escond\u00edanos dos mozos. O obxectivo das mozas era conseguir queimalos, e o dos mozos, collelos para evitar a s\u00faa queima.\u00a0<\/p>\n<p>Clarita recorda todo tipo de estratexias que se inventaban: atar o Compadre debaixo da mesa (\u2018e entraron na casa a collelo!\u2019), <strong>coller un Compadre por unha vent\u00e1 cunha forca<\/strong>, escondelo debaixo do chaquet\u00f3n para levalo queimar&#8230; \u2018[Os homes] desconfiaban de todo o mundo! Como daquela hab\u00eda tant\u00edsima mocidade&#8230; Onde v\u00edan sa\u00edr unha muller xa esa muller era vixiada&#8230; a ver onde \u00eda parar e o que levaba&#8230;\u2019 conta Clarita.\u00a0<\/p>\n<p>Os compadres que non acadaban salvar, acababan no lume. E cando se queimaban \u2018repicaban as camp\u00e1s\u2019 comenta Clarita, e gritaban <strong>\u2018Que ardan os Compadres! E vivan as Comadres! Que\u00a0<em>ardian<\/em>! Que\u00a0<em>ardian\u00a0<\/em>os marraos! Que\u00a0<em>ardian\u00a0<\/em>os porcos!\u2019<\/strong><\/p>\n<p>O Xoves de Comadres repet\u00edase a xogada: os mozos elaboraban as comadres (coa axuda das maiores) e despois as mozas corr\u00edan detr\u00e1s deles para collelas e evitar a queima. A\u00ednda que Clarita recorda que as comadres \u2018respect\u00e1banse moito&#8230; A xente aplaud\u00eda cando pasaban con elas\u2019.\u00a0<\/p>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"803\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/comadre-de-salcedo.jpg\" width=\"1200\" \/><img decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"803\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/comadre-de-salcedo-detalle.jpg\" width=\"1200\" \/><\/p>\n<p>Clarita este ano non far\u00e1 un compadre tradicional, pero seguramente lle vexamos alg\u00fan ao estilo actual. E incluso, quen sabe, quizais cheguemos ver \u00e1 propia Clarita de comadre. \u2018A min sempre me dic\u00eda Pich\u00f3n: \u201cMe cago en tal..! Levas tanto anos facendo compadres. Un ano v\u00e1moste facer a ti e ver\u00e1s como te vamos a po\u00f1er!\u201d, pero nunca me fixeron&#8230;\u2019 Pero para ver se esta ano toca, teremos que esperar ata a semana que v\u00e9n, ata o Xoves de Comadres.\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este xoves, repartidos por diferentes puntos do concello, poderemos admirar os Compadres. Actualmente, a maior\u00eda fanse a tama\u00f1o case natural, con roupa vella e recheos de papel. Para as caras, fotos de homes \u2013 ou de mulleres no caso das Comadres \u2013 da parroquia, asociaci\u00f3n ou organizaci\u00f3n (o Centro de D\u00eda, o colexio&#8230;) onde se [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1587,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[20],"tags":[787,788,783,786],"class_list":["post-1586","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","tag-comadres","tag-compadres","tag-entroido","tag-salcedo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1586","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1586"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1586\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3095,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1586\/revisions\/3095"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1587"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1586"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1586"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1586"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}