{"id":1540,"date":"2019-12-03T12:27:22","date_gmt":"2019-12-03T11:27:22","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/o-carbono-14-indica-que-os-restos-humanos-de-os-conventos-en-vilacha-son-do-seculo-x\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:45","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:45","slug":"o-carbono-14-indica-que-os-restos-humanos-de-os-conventos-en-vilacha-son-do-seculo-x","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/o-carbono-14-indica-que-os-restos-humanos-de-os-conventos-en-vilacha-son-do-seculo-x\/","title":{"rendered":"O carbono 14 indica que os restos humanos de Os Conventos en Vilach\u00e1 son do s\u00e9culo X"},"content":{"rendered":"<p>Os \u00f3sos apareceron en maio nunha escavaci\u00f3n arqueol\u00f3xica en Vilach\u00e1 de Salvadur, no marco do proxecto Adegas da Memoria. O resultado da dataci\u00f3n \u00e9 moi interesante para comprender as orixes e evoluci\u00f3n hist\u00f3rica da Ribeira Sacra.\u00a0<\/p>\n<p>Os resultados da dataci\u00f3n present\u00e1ronse o pasado venres 29 de novembro nun acto na Casa da Cultura da Pobra do Broll\u00f3n, coas intervenci\u00f3ns do alcalde Xos\u00e9 Lois Maceda, o presidente da Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os de Vilach\u00e1, Jos\u00e9 Casti\u00f1eira, o director arqueol\u00f3xico Xurxo Ay\u00e1n e o coordinador do proxecto Adegas da Memoria, Xos\u00e9 Gago.\u00a0<\/p>\n<p>A campa\u00f1a arqueol\u00f3xica no lugar de Os Conventos, no Val do Frade (Vilach\u00e1 de Salvadur) tivo lugar en maio deste ano no marco do proxecto Adegas da Memoria. A campa\u00f1a foi financiada polo Concello da Pobra do Broll\u00f3n e a Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os de Vilach\u00e1 de Salvadur, coa participaci\u00f3n da Universidade Nova de Lisboa e do Incipit-CSIC.<\/p>\n<p><figure class=\"image\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"535\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/presentacion-datacion.jpg\" width=\"800\" \/><br \/>\n<figcaption>Presentaci\u00f3n dos resultados da dataci\u00f3n na Casa da Cultura. De esq. a der.: Jos\u00e9 Casti\u00f1eira, Xos\u00e9 Gago, Xos\u00e9 Lois Maceda e Xurxo Ay\u00e1n<\/figcaption><br \/>\n<\/figure><\/p>\n<p><strong>Unha campa\u00f1a chea de sorpresas<\/strong><\/p>\n<p>O obxectivo da campa\u00f1a era constatar a existencia dun primitivo mosteiro medieval relatado nunha lenda dos veci\u00f1os de Vilach\u00e1 e citado tam\u00e9n na documentaci\u00f3n medieval.<\/p>\n<p>Na escavaci\u00f3n, logo de constatar fases de ocupaci\u00f3n e materiais arqueol\u00f3xicos medievais coincidentes cos s\u00e9culos indicados nos documentos, cara ao final da campa\u00f1a apareceu un estra\u00f1o enterramento cun cranio e varios \u00f3sos longos, metidos nunha cista escavada na rocha e con evidencias de combusti\u00f3n.<\/p>\n<p>\u201cO enterramento non ti\u00f1a aspecto medieval nin concordaba cun enterramento cristi\u00e1n,\u201d comenta Xurxo Ay\u00e1n, director da escavaci\u00f3n e investigador do Instituto de Hist\u00f2ria Contempo\u00e2nea da Universidade Nova de Lisboa.<\/p>\n<p>Tras traballar con diversas hip\u00f3teses, as probas de C-14 realizadas no laboratorio Beta Analytics en Miami (EEUU) non ofrecen d\u00fabidas: tr\u00e1tanse de restos do s\u00e9culo X.<\/p>\n<p>\u201cO resultado \u00e9 interesant\u00edsimo\u201d prosegue Ay\u00e1n, \u201cxa que os restos pertencen ao per\u00edodo dos s\u00e9culos escuros, dos que non temos moita informaci\u00f3n; unha \u00e9poca na que os ritos cristi\u00e1ns eran diferentes aos de hoxe e estaban mesturados con outro tipo de elementos pag\u00e1ns.\u201d<\/p>\n<p>Esta cronolox\u00eda corresp\u00f3ndese co dos eremitorios, anteriores aos grandes mosteiros e regulados pola regra de San Fructuoso. \u201cEstes restos te\u00f1en que ver co uso da ribeira como espazo simb\u00f3lico. En Os Conventos seguramente temos unha secuencia na que un primitivo eremitorio d\u00e1 paso ao mosteiro de San Marti\u00f1o de Pi\u00f1eira.\u201d\u00a0\u00a0En \u00e9poca cisterciense semella que constitu\u00eduse como unha granxa, unha unidade produtiva, consolid\u00e1ndose xa a ribeira como espazo econ\u00f3mico.<\/p>\n<p><strong>Abrindo un cami\u00f1o para a Ribeira Sacra da man da veci\u00f1anza<\/strong><\/p>\n<p>O achado resulta de gran valor para comprender as orixes e evoluci\u00f3n da paisaxe cultural da Ribeira Sacra, ademais polo que sup\u00f3n para a parroquia e os veci\u00f1os de Vilach\u00e1.<\/p>\n<p>\u201cVilach\u00e1, situado na periferia da Ribeira Sacra est\u00e1 a converterse no centro do co\u00f1ecemento cient\u00edfico e hist\u00f3rico deste territorio\u201d comenta Xos\u00e9 Lois Maceda, alcalde da Pobra do Broll\u00f3n. \u201cIsto \u00e9 as\u00ed grazas \u00e1 implicaci\u00f3n dos propios veci\u00f1os da parroquia, involucrados no proxecto.\u201d\u00a0<\/p>\n<p>O coordinador de Adegas da Memoria e t\u00e9cnico de cultura e turismo do Concello, Xos\u00e9 Gago, declarou que dende o proxecto estase a abrir un cami\u00f1o nun momento crucial para a Ribeira Sacra. \u2018Un cami\u00f1o con base cient\u00edfica e contando coa implicaci\u00f3n dos veci\u00f1os e veci\u00f1as, que son os realmente fan a Ribeira Sacra co seu traballo e esforzo diario\u2019.<\/p>\n<p>Esp\u00e9rase levar a cabo unha nova campa\u00f1a arqueol\u00f3xica en maio de 2020 para seguir afondando en Os Conventos \u2013 no que xa hai indicios de m\u00e1is enterramentos \u2013 e por tanto, na historia da Ribeira Sacra.\u00a0<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"535\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/presentacion-datacion-publico.jpg\" width=\"800\" \/><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os \u00f3sos apareceron en maio nunha escavaci\u00f3n arqueol\u00f3xica en Vilach\u00e1 de Salvadur, no marco do proxecto Adegas da Memoria. O resultado da dataci\u00f3n \u00e9 moi interesante para comprender as orixes e evoluci\u00f3n hist\u00f3rica da Ribeira Sacra.\u00a0 Os resultados da dataci\u00f3n present\u00e1ronse o pasado venres 29 de novembro nun acto na Casa da Cultura da Pobra [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1541,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[739,759],"class_list":["post-1540","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral","tag-adegas-da-memoria","tag-vilacha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1540","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1540"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1540\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3072,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1540\/revisions\/3072"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1541"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1540"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1540"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1540"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}