{"id":1474,"date":"2019-08-18T18:37:38","date_gmt":"2019-08-18T16:37:38","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/arqueologos-atopan-un-esqueleto-medieval-practicamente-completo-no-castro-de-san-lourenzo\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:43","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:43","slug":"arqueologos-atopan-un-esqueleto-medieval-practicamente-completo-no-castro-de-san-lourenzo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/arqueologos-atopan-un-esqueleto-medieval-practicamente-completo-no-castro-de-san-lourenzo\/","title":{"rendered":"Arque\u00f3logos atopan un esqueleto medieval practicamente completo no Castro de San Lourenzo"},"content":{"rendered":"<p>Sae un esqueleto practicamente completo en moi bo estado de conservaci\u00f3n na escavaci\u00f3n no Castro de San Lourenzo, na parroquia gu\u00edmara de Cereixa. Foi cara ao final da campa\u00f1a arqueol\u00f3xica, que comezou o 15 de xullo e rematou o xoves 15 de agosto. A campa\u00f1a estivo promovida pola asociaci\u00f3n veci\u00f1al da parroquia, o Concello da Pobra do Broll\u00f3n e a Universidade Nova de Lisboa, coa participaci\u00f3n dun campo de traballo internacional subvencionado pola Direcci\u00f3n Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.<\/p>\n<p>\u2018A lei de Murphy \u00e9 implacable. Levabamos case un mes de campa\u00f1a. Pero \u00e9 sempre nos \u00faltimos d\u00edas dunha campa\u00f1a cando sae o m\u00e1is espectacular\u2019, declara Xurxo Ay\u00e1n, director arqueol\u00f3xico e investigador do Instituto de Hist\u00f3ria Contempor\u00e2nea da Universidade Nova de Lisboa.<\/p>\n<p>Baixo a direcci\u00f3n de Ay\u00e1n, o equipo de tres arque\u00f3logos, unha antrop\u00f3loga e 17 participantes do campo de traballo\u00a0estaba a escavar unha igrexa e necr\u00f3pole medievais no recinto do castro.\u00a0<\/p>\n<p>No lado norte dos restos da igrexa medieval estaba a monumental tumba do esqueleto. Estes restos s\u00famanse aos do famoso Atilano da campa\u00f1a do ano pasado, mais o novo individuo est\u00e1 moito mellor conservado; os \u00f3sos est\u00e1n m\u00e1is enteiros e achegar\u00e1n m\u00e1is informaci\u00f3n.\u00a0<\/p>\n<p><figure class=\"image\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/DSC_0222.jpg\" \/><br \/>\n<figcaption>A antrop\u00f3loga Candela Mart\u00ednez xunto ao esqueleto<\/figcaption><br \/>\n<\/figure><\/p>\n<p><strong><em>\u00d3sos cheos de datos<\/em><\/strong><\/p>\n<p>O esqueleto atopouse nunha tumba de lousas, sen enchido de terra. \u2018Neste tipo de tumbas cr\u00e9ase un espazo baleiro que propicia a conservaci\u00f3n dos restos,\u2019 explica a antrop\u00f3loga f\u00edsica Candela Mart\u00ednez. Ao levantar a primeira lousa xa se albiscou un cranio perfectamente conservado, con dentadura inclu\u00edda.\u00a0<\/p>\n<p>Outros \u00f3sos conservados son os coxais (da zona da pelve), que xuntos ao cranio permiten definir a idade e o sexo do individuo, a\u00ednda que de momento \u00e9 pronto para valoralo. Mart\u00ednez fai unha valoraci\u00f3n moi cautelar baseada nunha primeira observaci\u00f3n dos \u00f3sos na que comenta que \u00e9 posible que o esqueleto sexa de muller.<\/p>\n<p>A dentadura achega informaci\u00f3n crucial sobre a dieta. \u2018Coa an\u00e1lise de is\u00f3topos estables p\u00f3dese saber a dieta que tivo o individuo na s\u00faa infancia, a partir de se consumiu m\u00e1is prote\u00edna de peixe ou de carne. Isto d\u00e1 pistas da procedencia da persoa,\u2019 explica Mart\u00ednez. A primeira vista, nesta dentadura n\u00f3tase un gran desgaste, o cal pode vir motivado por factores varios como a idade ou a dieta. Para ter datos m\u00e1is exactos haber\u00e1 que esperar aos resultados de laboratorio.<\/p>\n<p>Outros datos que achegan os restos \u00f3seos est\u00e1n relacionados co rango de idade, patolox\u00edas que deixaron marca nos \u00f3sos e a calidade de vida do individuo, ademais de poder obter unha dataci\u00f3n moi precisa da \u00e9poca na que viviu, mediante an\u00e1lise Carbono 14.\u00a0<\/p>\n<p>Respecto \u00e1 dataci\u00f3n, de momento o que se pode dicir \u00e9 que os restos seguramente correspondan co per\u00edodo altomedieval. \u2018Polo tipo de tumba e o contexto arqueol\u00f3xico estamos falando de entre os s\u00e9culos VIII e XII, m\u00e1is ben do XI ou XII\u2019 declara Xurxo Ay\u00e1n. Haber\u00e1 que esperar aos resultados de an\u00e1lise do laboratorio para ter datos precisos.\u00a0<\/p>\n<hr \/>\n<p><strong>Contexto: O Castro de San Lourenzo<\/strong><\/p>\n<p>O Castro de San Lourenzo \u00e9 un castro mineiro romano que foi reocupado e desocupado en sucesivas ocasi\u00f3ns no medievo como centro relixioso. O castro ten unha localizaci\u00f3n estrat\u00e9xica con gran control visual sobre os arredores e en plena ruta xacobea do Cami\u00f1o de Inverno.<\/p>\n<p>Esta campa\u00f1a arqueol\u00f3xica tr\u00e1tase da quinta campa\u00f1a que se desenvolve no castro. Ademais da investigaci\u00f3n arqueol\u00f3xica, parte do proxecto implica a recuperaci\u00f3n da memoria do lugar. Isto supuxo a recuperaci\u00f3n da romar\u00eda de San Lourenzo: un d\u00eda, o 10 de agosto, convertido en cita anual obrigatoria para os veci\u00f1os de Cereixa, do Concello e doutras parroquias de arredor.\u00a0<\/p>\n<p>Visitar a <a href=\"http:\/\/sanlourenzo.net\" target=\"_blank\">p\u00e1xina web<\/a>\u00a0e o <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/sanlourenzonet\/\" target=\"_blank\">Facebook<\/a> do proxecto de San Lourenzo.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sae un esqueleto practicamente completo en moi bo estado de conservaci\u00f3n na escavaci\u00f3n no Castro de San Lourenzo, na parroquia gu\u00edmara de Cereixa. Foi cara ao final da campa\u00f1a arqueol\u00f3xica, que comezou o 15 de xullo e rematou o xoves 15 de agosto. A campa\u00f1a estivo promovida pola asociaci\u00f3n veci\u00f1al da parroquia, o Concello da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1475,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-1474","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1474","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1474"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1474\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3039,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1474\/revisions\/3039"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1475"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1474"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1474"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1474"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}