{"id":1374,"date":"2019-01-17T17:30:06","date_gmt":"2019-01-17T16:30:06","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/a-auga-do-mollon-para-conectar-historias-na-pobra-do-brollon\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:40","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:40","slug":"a-auga-do-mollon-para-conectar-historias-na-pobra-do-brollon","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/nova\/a-auga-do-mollon-para-conectar-historias-na-pobra-do-brollon\/","title":{"rendered":"A Auga do Moll\u00f3n para conectar historias na Pobra do Broll\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p class=\"rtejustify\"><em>A revista municipal A Auga do Moll\u00f3n present\u00e1base na tarde deste m\u00e9rcores contando coa participaci\u00f3n dos colaboradores na iniciativa nun acto de posta en valor da identidade propia.<\/em><\/p>\n<p class=\"rtejustify\"><strong>The Water of the Moll\u00f3n\u00a0<\/strong>nace, no seu primeiro n\u00famero, cunha\u00a0<strong>tirada de 1.000 exemplares e unha periodicidade semestral<\/strong>.\u00a0\u00a0Ao longo dunha trintena de p\u00e1xinas recolle unha ampla editorial do porque desta iniciativa e do seu nome; hai d\u00faas entrevistas que reflexan os dous perf\u00eds da Pobra, o tradicional a trav\u00e9s da conversa con\u00a0<strong>Maruxa do restaurante As Vi\u00f1as\u00a0<\/strong>que repasa 40 anos da Pobra do Broll\u00f3n, e a actual e moderna, en conversa con\u00a0<strong>\u00c1lex e Mart\u00edn do grupo musical Los \u00c1rboles<\/strong>.<\/p>\n<p style=\"text-align:center\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"195\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/3.jpg\" width=\"400\" \/><\/p>\n<p class=\"rtejustify\">Rec\u00f3llense tam\u00e9n dous poemas, de escritoras locais; un\u00a0<strong>poema in\u00e9dito de Olga Novo<\/strong>sobre seu pai e un poema da\u00a0<strong>poeta de Salcedo, Noa Moreira<\/strong>. Profund\u00edzase en iniciativas importantes no Concello, como a posta en marcha do\u00a0<strong>albergue solidario<\/strong>, como punto de inflexi\u00f3n na xesti\u00f3n tur\u00edstica do concello, a\u00a0<strong>compostaxe comunitaria\u00a0<\/strong>como proxecto mod\u00e9lico na contorna, e todas as\u00a0<strong>actividades tur\u00edsticas e culturais\u00a0<\/strong>desenvoltas no concello no ver\u00e1n e no outono. O arque\u00f3logo, Xurxo Ay\u00e1n, inicia aqu\u00ed unha\u00a0<strong>serie sobre mulleres gu\u00edmaras<\/strong>, comezando coa s\u00faa t\u00eda Irene, \u201cConsideramos que as mulleres son as que levantan este pa\u00eds chamado Guimaralia.\u201d<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">D\u00faas colaboraci\u00f3ns dos rapaces do\u00a0<strong>colexio da Pobra do Broll\u00f3n<\/strong>, que escriben sobre os brindos e os sequeiros, dous elementos identitarios do concello; e d\u00faas chiscadelas sobre o\u00a0<strong>achado de Atilano<\/strong>, un coloreable e a cantiga de cego composta por Suso 40, completan as p\u00e1xinas da Auga do Moll\u00f3n.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">O t\u00edtulo da revista alude a unha fonte nas proximidades do campo da feira na capitalidade municipal, \u201ca auga do moll\u00f3n, que alegra o coraz\u00f3n\u201d. E nace co obxectivo de dar a co\u00f1ecer os eventos m\u00e1is importantes que se deron no municipio nos \u00faltimos meses, facelo como un repositorio calmado e darlle perdurabilidade en papel; ao tempo que se aglutina e pon en valor todo o talento que hai na Pobra do Broll\u00f3n.<\/p>\n<p class=\"rtejustify\">No acto de presentaci\u00f3n no que houbo an\u00e9cdotas, poes\u00eda, m\u00fasica, compa\u00f1eirismo e vontade de ensalzar a identidade propia, o\u00a0<strong>alcalde, Xos\u00e9 Lois Maceda,\u00a0<\/strong>destacou que era unha teima do equipo de goberno poder facer unha publicaci\u00f3n destas caracter\u00edsticas e agradeceu que o editor,\u00a0<strong>Xos\u00e9 Gago, dinamizador tur\u00edstico-cultural\u00a0<\/strong>do concello fose quen de dar forma a unha idea e facela posible. O rexedor local tam\u00e9n se lembrou da\u00a0<strong>Agrupaci\u00f3n Cultural Samoeiro<\/strong>, \u201cV\u00f3lvese a crear ese clima en canto a cultura, medio ambiente e patrimonio. Para n\u00f3s \u00e9 un motivo de alegr\u00eda facer chegar o que somos aos nosos vecinos a trav\u00e9s do papel.\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align:center\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"195\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/1.jpg\" width=\"400\" \/><\/p>\n<p class=\"rtejustify\">A publicaci\u00f3n, que desde hoxe mesmo se comeza a repartir, progresivamente por todas as vivendas do municipio, est\u00e1 aberta \u00e1 colaboraci\u00f3n de todas as persoas interesadas, explicaba Xos\u00e9 Gago; quen agradeceu a implicaci\u00f3n de todos os colaboradores, \u201cpersoas que enriquecen a vida diaria da Pobra e esta publicaci\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align:center\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"569\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/DSC_3164.jpg\" width=\"400\" \/><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A revista municipal A Auga do Moll\u00f3n present\u00e1base na tarde deste m\u00e9rcores contando coa participaci\u00f3n dos colaboradores na iniciativa nun acto de posta en valor da identidade propia. A Auga do Moll\u00f3n\u00a0nace, no seu primeiro n\u00famero, cunha\u00a0tirada de 1.000 exemplares e unha periodicidade semestral.\u00a0\u00a0Ao longo dunha trintena de p\u00e1xinas recolle unha ampla editorial do porque [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1375,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-1374","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1374","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1374"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1374\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2989,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1374\/revisions\/2989"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1375"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1374"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1374"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1374"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}